Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GaliciaTIC aborda no seu 20 aniversario a dixitalización como catalizador de crecemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GaliciaTIC aborda no seu 20 aniversario a dixitalización como catalizador de crecemento

S. P.
Publicado: 13/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiciatic-9.jpgO foro GaliciaTIC, histórico encontro tecnolóxico da nosa terra organizado pola asociación empresarial Ineo, celebrará a súa vixésima edición entre o mércores 19 e o xoves 20 na Cidade da Cultura. Baixo o lema Crecemento, dixitalización e eficiencia, o evento conmemorará 20 anos de traxectoria con dous obxectivos claros obxectivos: en primeiro lugar, abordar o contexto do proceso de dixitalización, tanto no ámbito galego como internacional, tras a súa aceleración pola pandemia e fronte aos retos do futuro inmediato derivados da inestabilidade política e o cambio climático; e en segundo lugar poñer en contacto directo o talento novo, o sistema educativo e o sector tecnolóxico para crear lazos de futuro e fomentar o emprego.
Para todo iso, GaliciaTIC celebrará na súa vixésima edición un completo programa de conferencias, mesas redondas e seminarios que, como gran novidade, incluirá unha feira de emprego na que participarán máis de 150 alumnos e alumnas de ciclos tecnolóxicos de centros galegos de Formación Profesional procedentes de Lugo, A Coruña e Vigo.
O obxectivo de Ineo é “fomentar un ano máis a indispensable relación do tres institucións que conforman a chamada tripla hélice da innovación, ou sexa administración, formación académica e empresa”.
Neste 2022, tras dous anos de restricións pola crise sanitaria, recuperarase a presencialidade de todas as actividades, aínda que se manteña o streaming en diferentes actos do programa. No entanto, para asistir ou ter acceso en directo ás emisións, é imprescindible inscribirse a través da páxina web de GaliciaTIC.
Programa
O programa comezará o mércores ás 09.30 h. de forma presencial co debate inaugural que versará sobre a situación actual do proceso de dixitalización, nun contexto no que se suceden os fenómenos disruptivos: a pandemia, efectos do cambio climático, inestabilidade política ou a crise enerxética. Nesta análise, participarán Carlos Suárez Rey, director de Edisa; Fernando Vázquez Núñez, director xeral de Imatia; Luis Álvarez Sestelo, presidente de Ineo, e Julián Cerviño Iglesia, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Moderará Miguel Merino, director de Galicia TIC.
A xornada continuará ás 10.00 h. da man de Francisco De Los Santos, executive partner na consultora tecnolóxica internacional Gartner. De Los Santos ofrecerá un relatorio maxistral titulado Transformación dixital e datos: tendencias e criterios de éxito. A partir da inauguración, o programa transcorrerá tanto o mércores como o xoves con mesas temáticas e con conferencias sobre asuntos tan variados como a Intelixencia Artificial no seo das empresas, a colaboración público-privada na dixitalización, a ciberseguridade no sector da alimentación, a capacitación TIC en Galicia ou a integración da cadea de valor no sector da moda.
GaliciaTIC despedirá a súa vixésima edición con dous actos finais. O primeiro deles consistirá nunha mesa profesional moderada por Norberto Penedo, director da área de Competitividade do IGAPE, na que se analizará o papel das agrupacións industriais no ámbito tecnolóxico. O segundo será o acto de clausura que contará coa presenza do vicepresidente da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e que servirá para render un recoñecemento a todas as entidades, empresas e administracións que fixeron posibel, coa súa colaboración e entrega, que GaliciaTIC leve vinte anos de traxectoria.
Ineo, para a organización do GaliciaTIC, conta este ano co apoio da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) ou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), e tamén de empresas como Confluent, Deloitte, Edisa, Imatia, Orange, Leyton, Lifesize, NTT DATA, R., Optare Solutions, Gartner e Oracle.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?