Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tecnoloxía galega Help Flash espállase en Portugal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tecnoloxía galega Help Flash espállase en Portugal

S. P.
Publicado: 13/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

help_flash-2.jpgO dispositivo Help Flash, desenvolvido pola empresa galega Netun co obxectivo de dotar aos condutores da máxima seguridade en situacións de avaría ou estacionamento forzoso, expándese a Portugal. Amais, a Dirección Xeral de Tráfico presentou recentemente esta iniciativa á Comisión Europea co obxectivo de estender a súa implantación ao resto de estados membros. Fíxoo no marco da Reunión do Grupo de Alto Nivel sobre Seguridade Viaria do organismo celebrada en Bruxelas.
Porén, Portugal foi un dos primeiros países en mostrar interese no potencial destas luces V16 para reducir sinistros. Help Flash, de feito, xa está dispoñible nas tendas de Carglass, Norauto, E Corte Inglés, Amazon e maís marketplace de Worten do país veciño; así como a través da versión portuguesa da páxina web de Help Flash.
Dende setembro de 2016
En setembro de 2016, a empresa Netun Solutions comezou a revolucionar o mercado español da seguridade nas estradas cun dispositivo de seu destinado a rematar cos riscos dos triángulos de sinalización de avarías. A firma, que daquela collía impulso no centro de crowdworking de Telefónica e AMTEGA na Cidade da Cultura (Galicia Open Future), adquiriu plena repercusión cunha baliza luminosa de sinalización de emerxencias chamada Help-Flash, cuxa principal vantaxe reside na redución do tempo da manobra de advertencia, que pasa de ser de 8 minutos, aproximadamente, a ser de 30 segundos.
Unha luz para salvar vidas
Help Flash é un equipo de sinalización luminoso que advirte dunha emerxencia na estrada sen necesidade de saír do vehículo. “A súa importancia”, explican dende a firma viguesa Netun, “vén dada polo grave perigo que supón colocar os triángulos de emerxencia, sobre todo de noite ou en situacións de visibilidade reducida”. De feito, a súa instalación é inmediata: abonda con colocalo sobre calquera superficie metálica para que se active de xeito automático, e tamén se pode facer de forma manual. O dispositivo, que se alimenta dunha pila, emite escintileos de luz ámbar visibles ata un quilómetro de distancia en condicións de baixa luminosidade. Así mesmo, conta cunha luz branca adicional para que poida ser empregado como lanterna.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?