Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago renova esforzos contra as adicións online
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago renova esforzos contra as adicións online

S. P.
Publicado: 14/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_adicions_vas_picar.jpgRubén Prol, concelleiro de Mocidade de Santiago, e o educador social Ramón Molina, presentaron a segunda edición de Vas Picar? Mocidade libre de apostas que este ano porá en marcha unha serie de obradoiros dirixidos ao alumnado de educación secundaria co fin de sensibilizar á mocidade sobre os perigos da ludopatía e os riscos dun uso sen control de determinados servizos dispoñibles na Rede, por exemplo os videoxogos online. Porase o foco na información en redes sociais.
Segundo anunciaron, o Concello de Santiago porá en marcha este ano un total de 41 obradoiros con 3 sesións de traballo, nos que se estima unha participación de arredor de 1.000 alumnos e alumnas. A finalidade desta actividade é “sensibilizar á mocidade sobre a problemática da adicción aos xogos de azar, facendo fincapé nos factores de risco que poden levar ás persoas á ludopatía”.
santiago_adicions_vas_picar_2.jpgOs obradoiros están destinados ao alumnado de 3º e 4º de ESO, xa que “se consideran estes cursos os idóneos para abordar esta problemática”, indicaron, engadindo que tamén haberá un formato dirixido a alumnado de FPB. Este ano, ademais, ampliarase a duración dos obradoiros, que tamén incluirán novos conceptos vencellados ás loot boxes nos videoxogos; a figura dos pronosticadores profesionais (tipsters) e os mitos que se xeran ao redor delas; o proceso de toma de decisións ante unha situación problemática para o adolescente ou o fenómeno das criptomoedas e os paralelismos existentes coa apostas deportivas online.
Tamén se prevé a realización de 2 cursos de 4 h dirixidos ao profesorado, para formalos ao respecto desta problemática da adicción ao xogo, e poder achegar ferramentas e materiais didácticos para desenvolver unha labor educativa e de prevención dende as aulas.
Campaña en redes sociais
Rubén Prol tamén fixo saber que “tirando proveito das estruturas xeradas da campaña do ano pasado”, a campaña Vas picar? Mocidade libre de apostas, seguirase difundíndose a campaña a través das contas de redes sociais (Instagram e Facebook) e da web do proxecto www.eunonpico.gal. Crearanse un total de 17 creatividades ao longo destes mes e medio para reforzar a mensaxe educativa da campaña tamén a través das redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?