Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais realiza o deseño conceptual dunha base humana en Marte
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais realiza o deseño conceptual dunha base humana en Marte

S. P.
Publicado: 14/10/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_marte.jpgO Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais da Universidade de Vigo, dirixido polo profesor Fernando Aguado, vén de realizar o deseño conceptual dunha base humana en Marte e de estudar o seu comportamento térmico. O equipo leva varios anos traballando en proxectos relacionados coa colonización de planetas e satélites do Sistema Solar e colaborando en proxectos concretos como RoboCrane, consorcio integrado pola Universidad de Oviedo, a UVigo e a empresa galega Alén Space que traballa no deseño dun vehículo grúa para explorar o interior de tubos de lava na Lúa.
Continuando con esta liña, membros do grupo veñen de realizar un proxecto que ten nesta ocasión como escenario o planeta Marte e a súa habitabilidade. Os seus resultados foron recollidos nun artigo titulado Conceptual design and research on the thermal performance of a martian human base, publicado na revista Acta Astronáutica da editorial Elsevier. “É necesario propor posibles deseños de hábitat para aloxar a seres humanos nunha contorna tan hostil como a marciana e esta quere ser a nosa primeira contribución neste eido”, sinalan os membros do proxecto.
O traballo, explican os seus responsables, parte dunha idea acordada o pasado curso académico entre os profesores da Área de Enxeñaría Aeroespacial Fermín Navarro e Carlos Ulloa e o entón alumno do Grao en Enxeñaría Aeroespacial, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense, Marcos Salgado, para realizar este último o seu traballo fin de grao nesta temática.
Segundo sinala o equipo da UVigo, “Marte é un planeta cuxas condicións actuais non son axeitadas para a vida do ser humano”. Porén, o seu traballo centrouse en primeiro lugar na análise dos principais aspectos que condicionan a contorna marciana: composición da atmosfera (presión segundo a altitude e cantidade de po marciano presente), temperatura (cun rango moi amplo, desde menos de 100 graos baixo cero ata uns 20 graos), radiación (letal en Marte por non ter magnetosfera) e tipo de solo (que inflúe na temperatura da contorna).
marte_exterior.jpgFroito do traballo realizado, o equipo investigador destaca que se presenta “un deseño conceptual do hábitat baseado nunha estrutura fabricada integramente na Terra” e realizado tras “un estudo das alternativas previas, intentando combinar as vantaxes de algunhas á vez que se minimizaban os seus inconvintes”. O hábitat deseñado ten una forma en planta hexagonal, de 4,5 metros cada lado do hexágono, e está formado por tres plantas de 2,8 metros de altura cada unha delas. Os materiais principais empregados foron aliaxes de aluminio. “Definimos unhas estancias para vivenda, con dormitorios, aseos e zonas comúns, e outras estancias para albergar laboratorios, para a realización de experimentos”, detallan os autores do traballo. O proxecto presenta ademais un deseño artístico da base marciana realizado pola deseñadora Irene Pérez, de Tpd Infografías SL, que contribuíu coas súas infografías e impresións artísticas ao estudo realizado.
O proxecto, engaden os seus responsables, céntrase no estudo térmico da proposta de deseño. “A temperatura media en Marte é duns -60°C, o que fai imprescindible controlar a temperatura e estimar as demandas enerxéticas do hábitat proposto”, sinalan. Así, na investigación realízase unha análise térmica teórica da base deseñada, comprobando a influencia dun conxunto de parámetros e realízase un caso particular co software ESATAN, unha ferramenta líder no sector espacial europeo para as misións da ESA. Ademais, o Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais realizou unha análise de sensibilidade dos parámetros principais do modelo térmico, engadindo aos anteriores parámetros máis específicos, como a velocidade do vento marciano ou elementos do deseño interior do hábitat. Por último, avaliaron a variación diaria da temperatura para obter os mellores criterios térmicos para a selección espazo-temporal da base.
Os resultados amosan, segundo indica o equipo, “a relevancia do illamento do módulo con respecto ao solo de Marte xa que se debe aplicar un método de illamento térmico para garantir o benestar dos habitantes da base marciana”. Desde o modelo teórico inicial, subliñan, “quedou claro que os parámetros clave son o illamento da base da estrutura e os acabados superficiais para maximizar a cantidade de calor que se absorbe do Sol á vez que se minimiza a emisión de radiación térmica ao exterior”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?