Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avatel ampliará a súa cobertura en Ribeira a 1.000 novos fogares e empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Avatel ampliará a súa cobertura en Ribeira a 1.000 novos fogares e empresas

S. P.
Publicado: 17/10/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

avatel-ribeira-22.jpgA operadora Avatel, presente dende hai un ano na comarca do Barbanza a través da súa sede na rúa de Galicia en Ribeira, proporcionará Internet de alta velocidade a 1.000 novos fogares da dita localidade e máis da parroquia de Palmeira. A compañía anunciou esta novidade ao tempo que fixo saber que ten unha cobertura (con rede de banda larga) que chega a case 6.000 vivendas e fogares no dito termo municipal.
A cidade de Ribeira foi a porta de entrada da compañía na provincia da Coruña, onde a día de hoxe dá servizo a máis de 22.000 vivendas e empresas e ten abertos catro puntos de venda: Ribeira, Sada, Santa Comba e O Temple, coa que cobre Cambre e Oleiros.
Como dixemos, a partir de novembro, a operadora de orixe galega ampliará a despregadura local no municipio a uns 1.000 fogares novos grazas á colaboración das comunidades de veciños que facilitaron a instalación de cables e equipos de distribución de fibra óptica. Por este motivo, e co gallo de celebrar o primeiro aniversario no municipio, Avatel realizará accións especiais cos veciños como a participación na promoción dun ano de fibra gratis a todas as persoas que visiten, desde o 14 de outubro ao 14 de novembro, a tenda situada no número 20 da rúa de Galicia.
A compañía ten como obxectivo conectar aos veciños do municipio “dotándoos de Internet de última xeración e incrementando a súa calidade de vida”, así como “contribuír á reactivación económica da localidade ribeirense fomentando o emprego local coa contratación de técnicos e comerciais no punto de venda”.
Ademais, ao longo deste ano, a empresa fixo un esforzo especial por converterse en “parte activa da poboación”, e nesta liña implicouse dando o seu apoio ás Festas da Dorna (recibindo a etiqueta de firma Dorneira Profesional) e colaborando como asociada na Asociación de Empresarios de Ribeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?