Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GaliciaTIC reunirá no seu 20º aniversario a máis de cen profesionais do sector tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GaliciaTIC reunirá no seu 20º aniversario a máis de cen profesionais do sector tecnolóxico

S. P.
Publicado: 17/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galiciatic_2021.jpgO foro tecnolóxico GaliciaTIC celebra a súa vixésima edición entre oeste mércores 19 e o xoves 20. Farao reunindo a máis de cen profesionais do sector tecnolóxico galego e estatal. Será na Cidade da Cultura, baixo o lema Crecemento, dixitalización e eficiencia. Como gran novidade, o foro acollerá unha feira de emprego que procurará atraer talento novo ao sector das tecnolóxicas.
Segundo informou a Asociación Ineo, organizadora do evento, este virá con dous obxectivos claros, en primeiro lugar abordar e analizar o contexto xeral do proceso de dixitalización, tanto no ámbito galego como internacional, trala súa aceleración global pola pandemia e fronte aos retos do futuro inmediato derivados da inestabilidade política e o cambio climático. En segundo lugar, poñer en contacto directo o talento novo, o sistema educativo e o sector TIC para crear “lazos de futuro e fomentar o emprego”.
GaliciaTIC vén este ano cun completo programa de conferencias, mesas redondas e seminarios que, como gran novidade, incluirá a xa citada feira de emprego na que participarán máis de 150 alumnos e alumnas de ciclos tecnolóxicos de centros galegos de Formación Profesional procedentes de Lugo, A Coruña e Vigo. Nesta feira concorrerán tamén un total de 11 empresas que protagonizarán mesas informativas ao longo da tarde do mércores 19. Trátase das firmas Imatia, Opera, Edisa, Bahia Software, Ednon, Serviguide Grupo, Nunegal Consulting, Confluent, GBTEC; Minsait e NTT Data.
O programa comezará o mércores ás 09.30 h. de forma presencial co debate inaugural que versará sobre a situación actual do proceso de dixitalización, nun contexto no que se suceden os fenómenos disruptivos: a pandemia, efectos do cambio climático, inestabilidade política ou a crise enerxética. Nesta análise, participarán Carlos Suárez Rey, director de Edisa; Fernando Vázquez Núñez, director xeral de Imatia; LuIS Álvarez Sestelo, presidente da Asociación Ineo e Julián Cerviño, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Moderará Miguel Merino, director de Galicia TIC.
A xornada continuará ás 10.00 h. da man de Francisco De Los Santos, executive partner na consultora tecnolóxica internacional Gartner. De Los Santos ofrecerá un relatorio maxistral titulado Transformación dixital e datos: tendencias e criterios de éxito. A partir da inauguración, o programa transcorrerá tanto o mércores como o xoves con mesas temáticas e con conferencias sobre asuntos tan variados como a Intelixencia Artificial no seo das empresas, a colaboración público-privada na dixitalización, a ciberseguridade ou a capacitación TIC en Galicia.
A inscrición para asistir a GaliciaTIC continúa aberta e é imprescindible realizala a través da web do evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?