TikTok está a preparar grandes cambios para os seus directos, que afectan tanto ás súas prestacións como ás súas normas, sendo o máis salientable o feito de que a partir do 23 de novembro a idade mínima dos usuarios para iniciar un directo pasará dos 16 aos 18 anos. Tamén esixirán ser maior de idade para poder enviar agasallos virtuais e acceder á monetización de TikTok. Pola contra, para acceder á mensaxería de TikTok chegará con ter 16 anos.
Outro cambio importante con respecto á idade nos directos é que os creadores terán a opción de realizar retransmisións exclusivas para maiores de idade, o que pode resultar especialmente práctico para conversar sobre temas espiñentos ou cando se fai humor e non queren someter a rutina a límites propios da presenza de menores.
A nivel máis técnico TikTok vén de renovar a súa función de directos con convidados, que agora permite contar con ata 5 persoas adicionais, de xeito que poderán verse ata 6 persoas a pantalla partida nas retransmisións.
Haberá que ser maior de idade para facer directos en TikTok
Compartir Este Artigo
