Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI dótase dun Laboratorio de Experimentación e Prototipado en colaboración coa Deputación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI dótase dun Laboratorio de Experimentación e Prototipado en colaboración coa Deputación

S. P.
Publicado: 24/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inauguracion_do_laboratorio_de_experimentacion_e_prototipado_tfe.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática acolleu este xoves 20 a inauguración do Laboratorio de Experimentación e Prototipado de Ourense, unha iniciativa nacida no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza NOVATFE (Novas Oportunidades de Negocio para Pemes Baseadas en Tecnoloxías Facilitadoras) e da colaboración entre a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo. O obxectivo desta iniciativa é “ofrecer tecnoloxías facilitadoras a alumnado, profesorado, pequenas e medianas empresas e persoas emprendedoras para o desenvolvemento real das súas ideas”.
jorge_pumar_ramon_ginarte_e_francisco_javier_rodriguez.jpgO deputado Jorge Pumar participou na presentación do laboratorio, acompañado polo director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, Francisco Javier Rodríguez, e o xerente da Mancomunidade de O Salnés, Ramón Ginarte.
O director da ESEI foi o encargado de explicar as características do laboratorio, un espazo de desenvolvemento centrado nas Cidades Intelixentes e na Industria 4.0, entre outros ámbitos, contando con ferramentas como unha impresora industrial de alta capacidade que pode crear pezas de resistencia homologada en industria e que xa está sendo empregada polo alumnado do monopraza UVigo Motorsport. Tamén está dotado con unidades de estación de traballo que permiten procesar algoritmos de Intelixencia Artificial para o impulso e materialización dos vehículos autónomos. No centro fíxose a maiores “unha aposta importante polo que é a Visión Artificial, incluíndo cámaras específicas industriais, que poidan ser colocadas nun dispositivo móbil, como cámaras de planta, que poidan, por exemplo, distinguir o movemento das persoas”, explicou o director da ESEI.
A nivel industrial pero educativo, o laboratorio, enumerou Francisco Javier Rodríguez, está dotado de varios kits para simulación do que sería unha fábrica intelixente. Asociado á fábrica intelixente, tamén dispón de controladores Arduino para poder facer simulacións domóticas e kits de sensórica para a Internet das Cousas. Complementando estes equipos, o espazo tamén ten unha pantalla interactiva que será demostrador de toda a sensórica que se está instalando en diferentes puntos de Galicia con NOVA TFE. Por último, a UVigo tamén dotou o laboratorio de dous robots industriais colaborativos con sistemas de visión artificial que se empregarán igualmente nas novas titulacións de grao e mestrado en Intelixencia Artificial.
ramon_ginarte_francisco_javier_rodriguez_e_jorge_pumar.jpg No proxecto NOVA TFE participa un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo formado por investigadoras e investigadores da Escola Superior de Enxeñaría Informática, das facultades de Dereito e Ciencias Empresariais e Turismo e da Escola de Enxeñaría Industrial. Ademais da institución académica, son socios do proxecto a Mancomunidade de O Salnés (líder da iniciativa), a Deputación de Ourense, a Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e a Câmara Municipal de Valença (Portugal).
O obxectivo principal deste proxecto é potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, mellorando a participación do tecido empresarial nos procesos de innovación nas actividades de I+D+I máis achegadas ao mercado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?