Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo capítulo da webserie de entrevistas da Deputación da Coruña: Referentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo capítulo da webserie de entrevistas da Deputación da Coruña: Referentes

S. P.
Publicado: 24/10/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ugia_pedreira_quico_cadaval_deputacion.jpgA Deputación da Coruña confirmou que a Ugia Pedreira (Foz, 1970) e Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960) son os protagonistas do episodio da serie web Referentes do mes de outubro, que se poderá ver a partir das 12 horas do venres 28 de outubro no Facebook e máis no Youtube da área de Cultura da Deputación da Coruña. Será unha vez máis presentado por Marga Pazos.
A vida enriba dos escenarios, as mulleres das súas vidas, a música, as artes escénicas, a retranca, e os comezos das súas respectivas carreiras, centran a conversa neste novo episodio da tempada, que é, segundo confirmou a entidade provincial, o penúltimo do ciclo.
Ambos contestarán, ademais, á pregunta que os referentes do anterior episodio (María Reimóndez e Oliver Laxe) lles deixaron formulada: dunha banda “que conten algunha experiencia que tivesen na colectividade e que experimentasen como algo transformador”, e por outra “que indiquen que lles falta para ser máis coherentes ou estar máis conectados cos seus corazóns”.
Nesta segunda tempada de Referentes, que se estreou o pasado mes de abril, participaron Margarita Ledo en conversa con Xabier Fortes, Melania Freire con Pepe Barro, Pepe Solla con Manuel Gago, María Reimóndez con Oliver Laxe, e Ugia Pedreira con Quico Cadaval. A segunda tempada de Referentes rematará cun último episodio no mes de novembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?