Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os concellos galegos verán mellorada a Rede de Aulas CeMIT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os concellos galegos verán mellorada a Rede de Aulas CeMIT

S. P.
Publicado: 25/10/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

inclusion_dixital_amtega_concellos_cemit.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) presentou aos concellos este martes 15 de outubro o plan de Reforma e Ampliación da Rede de Aulas CeMIT, inserido no convenio subscrito coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e contando cun orzamento de 22.776.304 euros ata 2025. Con esta contía realizarase dende as administracións locais, a través da FEGAMP, unha completa axenda de actuacións en materia de inclusión dixital.
Indo ás melloras do plan, salientan actuacións como: a dotación tecnolóxica punteira (impresoras 3D, kits de robótica, drons, lentes de Realidade Virtual e kits de placas de comunicación e programación así como computadores All-In-One, pantallas interactivas, equipamento inclusivo para persoas con discapacidade, sistemas de vídeo-conferencia, tabletas, libros electrónicos e complementos audiovisuais), a transformación física e arquitectónica dos centros cara a un modelo máis flexible, a posta en marcha dunha aula móbil e o reforzo formativo e dos servizos dixitais (os espazos web, a plataforma formativa en liña, a plataforma de xestión…).
Na presentación, á que foron convidadas 91 entidades locais e participaron 80 asistentes, tamén se informou aos concellos e ás entidades locais (que xa contan cunha Aula CeMIT) que teñen ata o 30 de decembro para adherirse a este Plan, para o que se habilitou unha ligazón especiífica para consultar toda documentación referida a este proceso.
Asemade, o dito convenio continúa a regular tamén a subvención económica outorgada a aquelas aulas que, polo seu nivel de actividade, son consideradas “de referencia”. Este orzamento distribuirase atendendo a criterios de actividade das aulas así como da poboación do municipio, correspondendo ás entidades locais de máis de 5.000 habitantes que ostenten esta condición unha subvención de 15.000€ e ás de menos de 5.000 habitantes a contía de 7.251€.
Alén disto, o plan tamén pensa na posibilidade de ampliar novas Aulas CeMIT nas entidades locais que actualmente non formen parte da Rede CeMIT e estean dispostas a asumir os compromisos de dinamizar e impulsar as competencias dixitais.
Volvendo ao acto de presentación desta folla de ruta, dicir que contou coa presenza do director da AMTEGA, Julián Cerviño, o presidente da FEGAMP Alberto Varela e o director de área de Sociedade Dixital da AMTEGA, Miguel Rodríguez.
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) é unha iniciativa posta en marcha pola AMTEGA, que conta coa colaboración de 91 concellos e está integrada por 97 centros en 52 comarcas. Ten entre os seus obxectivos os de promover o uso da tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación e amosar as vantaxes da sociedade dixital.
A Rede CeMIT conta con máis de 100.000 persoas usuarias, das que un 59,77% son mulleres. Dende 2011 lévanse impartidas cerca de 500.000 horas de formación. A rede conta con máis de 980 “aliados dixitais” entre empresas, entidades e persoas voluntarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?