Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Isabel Rodríguez di en Monforte que o Kit Dixital xa inxectou 4,8 millóns a empresas da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Isabel Rodríguez di en Monforte que o Kit Dixital xa inxectou 4,8 millóns a empresas da provincia

S. P.
Publicado: 26/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

isabel_rodriguez_en_monforte.jpgA subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, estivo este 26 de outubro en Monforte, onde avaliou, na compaña do alcalde José Tomé e dos empresarios locais, as posibilidades de transformación, competitividade e innovación que ofrece no concello e na provincia o programa Kit Dixital. Segundo fixo saber Rodríguez, máis de 400 pequenas empresas da provincia, o 60% do total, de entre 10 e 49 traballadores, xa solicitaron o bono de 12.000 euros do Kit Dixital para transformar os seus negocios.
“Son un total de 4,8 millóns de euros os que o Goberno leva inxectado na provincia a través deste programa de axudas para transformar o noso tecido produtivo e facelo máis competitivo”, destacou Rodríguez.
A subdelegada, acompañada de José Tomé, puxo en valor estes datos nunha reunión con empresarios do municipio para informarlles sobre o Kit Dixital e animalos a solicitar os bonos do Goberno. “Son unhas cifras que valoramos moi positivamente porque as axudas están a chegar ás pemes e autónomos lucenses cando máis o necesitan, demostrando a boa acollida deste plan do Executivo central”, sinalou Rodríguez, engadindo que o “o obxectivo é seguir transformando dixitalmente ao maior número de empresas pequenas da provincia, fomentando novas oportunidades de expansión”. A subdelegada lembrou tamén que o Goberno destina un orzamento de 3.067 millóns de euros dos fondos Next Generation para dixitalizar a preto dun millón de pemes e persoas autónomas en todo o territorio nacional os vindeiros tres anos.
Isabel Rodríguez explicou que estas subvencións do Goberno teñen como finalidade avanzar na dixitalización de áreas clave como presencia en Internet, deseño da web, venda electrónica, xestión de clientes e provedores, oficina dixital, redes sociais, xestión e automatización de procesos e ciberseguridade.
3 liñas de axudas do Kit Dixital
Tal e como explicou Rodríguez, o Goberno ten abertas as 3 convocatorias do programa de dixitalización. Por unha banda, está a liña do segmento I, a dirixida as empresas de entre 10 e 49 empregados (cun bono de 12.000 euros que se pode solicitar ata o 15 de marzo). Pola outra, sinalou que o prazo para as empresas do segmento II (de 3 a 9 empregados) está aberto desde o pasado 2 de setembro durante doce meses. Estas micropemes teñen acceso a un bono de dixitalización de 6.000 euros. Por último, o programa complétase cunha terceira convocatoria para negocios de menos de tres empregados e autónomos (segmento III), que poden solicitar un bono de 2.000 euros ata o 20 de outubro de 2023.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?