Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA pon ao servizo dos negocios as utilidades da tecnoloxía blockchain
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA pon ao servizo dos negocios as utilidades da tecnoloxía blockchain

S. P.
Publicado: 27/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proxecto_geronimo_sivsa.jpgA empresa galega SIVSA debullou os detalles do seu proxecto para poñer a tecnoloxía disruptiva blockchain (cadea de bloques) ao servizo das empresas galegas, estatais e internacionais: o Proxecto Gerónimo. Segundo fan saber fontes da compañía con sede en Vigo, se ben o ámbito blockchain é coñecido polo gran público por dar soporte ás criptomoedas, aínda non puido mostrar a súa verdadeira utilidade perante o groso das empresas, que non tiveron oportunidade de tirar proveito das súas posibilidades en materia de negocio por mor da súa complexidade. É por iso que que SIVSA puxo en marcha o Proxecto Gerónimo.
O seu obxectivo é “desenvolver produtos baseados en tecnoloxía blockchain, pero útiles e sinxelos de utilizar para as empresas e organizacións”. Trátase de axudar ás empresas a tirar proveito das súas principais características e utilidades: integridade e inmutabilidade, facilidade de adopción, confidencialidade, capacidade de evolución e adaptación (escalabilidade), identificación das partes e custos asumibles das transaccións.
Para SIVSA, o gran reto do Proxecto Gerónimo consistía en “desenvolver produtos que cumprisen todos estes requisitos, e facelo combinando nun modelo híbrido todas as vantaxes da tecnoloxía blockchain pública e privada”.Ademais, ao ser produtos dirixidos a empresas e organizacións, a facilidade de adopción é “un elemento crítico”, sinala a empresa galega, engadindo que as empresas deben poder utilizalos como un software ao uso, sen ter necesariamente que comprender a complexa tecnoloxía que hai detrás, aínda que isto non signifique que non teñan un control total sobre o proceso. Por esta razón, SIVSA concibiu este produto como un SaaS (Software as a Service), demostrando a súa utilidade para procesos de compliance ou de mercados online, entre outros ámbitos.
O sistema contén unha API de certificación e unha API de tokenización. A API de certificación garante a veracidade dunha información nun momento dado, a súa produción e a súa integridade. O API de tokenización permite crear tokens funxibles e non funxibles que permiten representar activos do mundo real en formato dixital.
Que é blockchain?
Blockchain, é unha tecnoloxía disruptiva que abre as portas a novos modelos de negocio, aporta confianza e automatiza procesos empresariais de todos os sectores, como acurtar os pagos internacionais de días a horas, asegurar a rastrexabilidade nas cadeas de subministro, chegando mesmo en algúns procesos a aforrar ata o 90% de custes de xestión de transporte e loxística.
A tecnoloxía de cadea de bloques e o resto das tecnoloxías DLT son como “un xigantesco libro de rexistros que recolle todos os datos dun intercambio con valor” apuntaba recentemente o CPEIG, engadindo que “este gran libro está gardado de forma descentralizada nos nodos (ordenadores) da rede utilizada polo sistema, coa peculiaridade de que a información se replica por igual en todos os nodos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?