Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 200 profesionais e 90 empresas do sector especial xúntanse ata este venres en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 200 profesionais e 90 empresas do sector especial xúntanse ata este venres en Vigo

S. P.
Publicado: 27/10/2022
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

new-space-espana-1.jpgVigo é estes días o máximo referente estatal en materia de industria espacial, grazas á segunda edición de New Space España, que baixo arrincou este xoves 27 baixo o lema O camiño cara ao liderado global. A xuntanza reúne a máis de 200 profesionais e 90 empresas do sector, que abranguen toda a cadea de valor, desde fabricantes de satélites a fornecedores de subsistemas, lanzadores, institucións públicas, investidores e outros actores relevantes. O congreso terá este venres 28 o seu colofón coa segunda e última xornada.
Nun intenso primeiro día, dentro dun programa de conferencias e mesas redondas que conta coa participación de máis de 35 relatores, analizáronse os principais proxectos de constelacións de satélites vinculados á marca España e as enormes capacidades das que dispón o sector do New Space español para xogar un papel destacado na industria espacial europea e global.
new-space-espana-2.jpgA ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, foi a encargada de realizar a apertura do evento cunha intervención por vídeo na que destacou a consolidación das empresas españolas do sector, “a pesar da pandemia e a guerra de Ucraína”. Na súa mensaxe, enumerou as diferentes medidas orientadas a apoiar a industria do New Space en España, entre elas a PERTE Aeroespacial ou o programa Innvierte, ademais de facer referencia á creación da Axencia Espacial Española. Diana Morant despediu a súa intervención co desexo de que se poida “configurar unha robusta cadea de subministración que faga do noso país un centro de referencia de innovación espacial en Europa”.
Logo, Guillermo Lamelas, conselleiro delegado de Alén Space, e David Regades, delegado do Estado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, deron a benvida aos asistentes. Lamelas destacou as virtudes e avances do sector desde que se celebrou a primeira edición no ano 2018, “un período de catro anos no que a industria espacial mudou radicalmente”. O conselleiro delegado de Alén Space quixo facer especial énfase en convidar a todos os actores da industria a “unir forzas e colaborar ante os retos e oportunidades” que veñen, ademais de aproveitar as vantaxes estratéxicas que ten España.
new-space-espana-3.jpgNa primeira mesa redonda, O espazo como motor de crecemento, representantes de Sateliot, Startical, Satlantis, GEOSAT e FOSSA Systems debateron sobre o estado de desenvolvemento e plans de impacto das constelacións de satélites máis importantes da industria española do New Space.
Na conferencia Os retos industriais do New Space español, a directora de tecnoloxía de New Space en Indra, Inmaculada Serrano, fixo fincapé “nas enormes expectativas” que ten a industria de satélites LEO (de baixa órbita) a nivel global e nacional, sen esquecer “os riscos que traen esas expectativas”..
A xornada matutina finalizou coa mesa redonda Cadea de subministración española para unha revolución, na que participaron algúns dos principais actores na provisión de servizos e tecnoloxías do sector espazo: Alén Space, Indra, UARX Space, PLD Space, Alter Technology e DHV Technology. Os relatores debateron sobre as medidas máis efectivas para atallar a crise mundial de fornecementos tecnolóxicos na industria espacial.
new-space-espana-4.jpg A sesión de tarde de New Space España 2022 comezou coa mesa redonda Oportunidades clave no Espazo europeo, moderada pola secretaria xeral de Ciencia e Innovación, Teresa Riesgo, e conformada por relatores de GMV, Deimos Space, Hispasat, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e a Axencia Espacial Europea (ESA). Teresa Riesgo, no seu papel de moderadora, explicou que “todos debemos facer un esforzo por dar a coñecer o traballo destas empresas ou startups e o beneficio que achegan á sociedade no seu conxunto”.
A última mesa redonda do día, Construíndo un sector estratéxico, contou coa representación da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Telespazio, CDTI, Alén Space e a Autoridade Portuaria de Vigo. O punto de común destas compañías e organismos é o seu amplo coñecemento, algunhas por receptoras e outras por emisoras, dos mecanismos necesarios para que as pequenas e medianas empresas do sector New Space saian adiante. A mesa redonda pivotou ao redor da idea de xerar un modelo de colaboración que acompañe á innovación espacial de principio a fin.
No peche de conferencias, Miguel Belló, comisionado para a PERTE Aeroespacial, expuxo as liñas xerais deste programa central para a transformación da industria aeroespacial española, que moverá máis de 4.000 millóns de euros en financiamento público-privada.
Como colofón final, a primeira xornada finalizou coa intervención de Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, que remarcou que “actualmente Galicia acolle a máis de 70 empresas do sector espacial e buscamos seguir sendo atractivos de face ao futuro”.
Esta segunda edición de New Space España está organizada por Alén Space, empresa especializada no deseño, fabricación e operación de pequenos satélites. O congreso conta ademais con Indra e GMV como principais patrocinadores, aos que se une o apoio de institucións públicas como o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (AtlantTIC) da Universidade de Vigo; e o patrocinio de empresas de referencia na industria espacial, como HISPASAT, Alter Technology, DHV Technology, PLD Space, Satlantis, Fossa Systems, GeoSAT, Deimos e Telespazio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?