Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno financia tres novos proxectos de intelixencia artificial nos que participa o CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno financia tres novos proxectos de intelixencia artificial nos que participa o CITIC

S. P.
Publicado: 28/10/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

citic_edificio-2.jpgAté tres proxectos nos que participa o Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña foron seleccionados pola entidade público-empresarial Red.es (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital) ao abeiro da súa convocatoria para o desenvolvemento da intelixencia artificial e a súa integración nas cadeas de valor. En total, estes tres proxectos beneficiaranse dun financiamento de preto de 1,4 millóns de euros. Trátase de tres iniciativas de investigación centradas nos algoritmos para detectar bacterias en hospitais, na prevención de doenzas profesionais e nos recursos intelixentes de minería de textos para efectuar melloras en vixilancia tecnolóxica. O seu denominador común é, en palabras do CITIC, “a aplicación da IA á optimización de procesos en diferentes ámbitos de impacto económico e social”.
As empresas Bahía Software, Ibersys Seguridad y Salud e Linknovate Science decidiron contar co CITIC como socio tecnolóxico para participar no desenvolvemento dos proxectos. Do total dos fondos recibidos polas compañías a través desta convocatoria, repercutirán no centro de investigación preto de 300.000 euros.
O proxecto GRALENIA, aborda o problema da resistencia a antimicrobianos (AMR) no ámbito hospitalario. O proxecto está impulsado pola compañía Bahía Software en colaboración co Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), a Universidade de Murcia e os investigadores principais do CITIC Jesús Vilares Ferro e Carlos Gómez Rodríguez, e co-financiado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital de España, a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial de España, Red.es e polos Fondos Next Generation EU. O obxectivo do proxecto é desenvolver unha plataforma de apoio a decisións clínicas no ámbito da xestión do AMR e as superbacterias. Este sistema empregará técnicas avanzadas de Ial para analizar a información obtida dos bancos de datos dos diversos servizos do hospital. No caso do CITIC, a achega consistirá na análise automática do contido de historias clínicas e outros documentos en formato texto, empregando para iso técnicas de Procesado da Linguaxe Natural. Este proxecto pretende “mellorar os procesos de xestión hospitalaria relacionados co AMR, axudando a deseñar mellores estratexias para a prevención e redución dos seus efectos, ademais do custo en vidas e económico que iso supón”.
O proxecto SMART PRE2, centrado en IA aplicada á predición e prevención de doenzas profesionais, corresponde á compañía Ibsersys Seguridade e Saúde e conta coa colaboración dun equipo de investigadores/as do CITIC liderado por José Luis Calvo Rolle e Óscar Fontenla Romero. O seu obxectivo xeral é a detección de posibles alteracións de saúde entre os persoais das empresas mediante o tratamento dos datos dispoñibles no historial de recoñecementos médicos e outra información da contorna no que se desenvolve o traballo. Desde o CITIC implementaranse modelos de aprendizaxe automática para a análise dos datos médicos proporcionados pola empresa, e sistemas baseados en coñecemento para dotar de capacidade diagnóstica e explicativa ao sistema. Este tipo de técnicas “proporcionarán un valor engadido para unha xestión máis eficiente e a detección de posibles anomalías para os distintos postos profesionais de diferentes empresas”, explicaron fontes do CITIC.
Por último, a compañía Linknovate Science, xunto co IP do centro Javier Parapar López, desenvolverán o proxecto Métodos intelixentes de minería de textos para melloras substanciais de procura en Vixilancia Tecnolóxica. Esta proposta ten a súa orixe no “especial coñecemento no procesado e minería de textos, sistemas de recuperación e información e definición de modelos de clasificación usando representacións densas de documentos”, explicou o CITIC, engadindo que “os investigadores participarán nas tarefas asociadas á clasificación automática de patentes e á extracción e o estruturado intelixente de información”. O equipo do CITIC non só traballará no relativo á definición de modelos formais para as tarefas, senón tamén no deseño das metodoloxías de avaliación e validación das solucións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?