Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal publica unha caixa de ferramentas de ciberseguridade para pemes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal publica unha caixa de ferramentas de ciberseguridade para pemes

S. P.
Publicado: 02/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

caixa_de_ferramentas_puntogal.jpgFroito da súa incorporación (o ano pasado) á Global Cyber Alliance (GCA), a organización internacional adicada a afrontar os riscos cibernéticos e facer da Rede un lugar máis seguro, a Asociación PuntoGal está a converterse tamén nun dos grandes referentes da Internet galega en materia de seguridade online. De feito, a dita incorporación situou a PuntoGal como a primeira entidade galega en sumarse a esta alianza global, dentro da súa política de “reforzar a seguridade do ámbito dixital”. Ao abeiro deste marco de traballo, este novembro publicouse unha caixa de ferramentas para mellorar a salvagarda da información e as comunicacións nas pequenas e medianas empresas en galego, á que se pode acceder dende dominio.gal.
O director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, sinalou que “esta caixa de ferramentas, a primeira de varias que temos en proxecto, permite ás pemes dar un primeiro paso no diagnóstico e prevención de posibles problemas de seguridade, que poden dar tranquilidade aos administradores ou sinalar a necesidade de buscar asistencia con cuestións puntuais”.
Janeiro engadiu que “ao longo destes meses e no ano 2023 iremos publicando novas caixas de ferramentas sectoriais, sempre pensadas como algo práctico, sinxelo de usar e con opcións gratuítas, e ofrecendo protección aos dominios a través da plataforma Domain Trust, un proxecto promovido pola GCA para facilitar o intercambio de información sobre dominios maliciosos, unha das infraestruturas esenciais usadas pola ciberdelincuencia.”
Pola súa banda, Brian Cute, director do programa de capacitación e resiliencia da GCA, sinalou que “o traballo da GCA pola confianza e a seguridade de Internet desenvólvese nunha dobre dinámica global-local, e a nosa colaboración con PuntoGal é un exemplo perfecto disto. Primeiro, con Domain Trust, PuntoGal levou a escala global a protección dos dominios .gal, criados localmente. Agora, coa caixa de ferramentas, leva aos usuarios dos seus dominios, pemes, asociacións e administracións locais, a protección das ferramentas ofrecidas polos nosos socios internacionais. Esta colaboración é un modelo a seguir con outros socios con forte presencia local.”

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?