Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IV Workshop Hackeando o patriarcado desvela os novos aparatos ideolóxicos do machismo na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IV Workshop Hackeando o patriarcado desvela os novos aparatos ideolóxicos do machismo na Rede

S. P.
Publicado: 03/11/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

20221102_hackeandopatriarcado_004.jpgEsta semana celébrase na UVigo a cuarta edición do Workshop Sociedade Dixital e Xénero. Hackeando o patriarcado, impulsado dende a Cátedra de Feminismos 4.0 (UVigo e Deputación de Pontevedra) co obxectivo de liberar a sociedade tecnolóxico-dixital de machismos, agresións, discriminacións e desigualdades. A presidenta Carmela Silva e o reitor Manuel Reigosa, xunto á directora da área de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez, deron este mércores 2 de novembro o tiro de saída a este encontro virtual e presencial que conta entre as súas conferenciantes con Remedios Zafra, Mónica Alario, Elisa García, Elena Alfageme, MªTeresa Piñeiro e Alba Alonso.
A xornada remata este xoves 3 de novembro, con Reescribe o código. Obradoiro de educación en ciberactivismo feminismo que, con todas as prazas esgotadas, celebrarase entre as 17.00 e as 19.30 na Facultade de Comercio de Vigo.
A presidenta provincial Carmela Silva advertiu que “precisamos impulsar accións como estas, que aporten coñecemento sobre o que está a acontecer para poder construír propostas e tomar decisións, moi particularmente nesta era dixital onde as mulleres loitamos por apoderarnos e o machismo por buscar espazos para seguir atacando e discriminando, para seguir facendo que as mulleres non poidamos ocupar o espazo que nos corresponde”.
Referiuse a presidenta ás violencias dixitais que se exercen recordando ás xornalistas feministas, que son “atacadas duramente, dunha forma organizada e mediante múltiples instrumentos dixitais”, ás mulleres do ámbito do coñecemento e ás políticas feministas, “perseguidas nas redes”. Citou como exemplo de comunidades de homes organizadas para executar este tipo de accións como Forocoches, que “está a atacar ás mulleres e crear pensamento machista, intentando chegar de forma moi particular á mocidade”. Ao respecto, amosou sentirse “seriamente preocupada pola influencia das redes” e instou a “que as administracións públicas con capacidade para decidir como a Unión Europea, os gobernos dos Estados e as Comunidades Autónomas establezan normas, instrumentos e medios para facer fronte ao que está a suceder nas redes sociais”.
20221102_hackeandopatriarcado_001.jpg Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, remarcou que “o discurso xeral pouco a pouco vaise tinguindo de morado, pero hai moitos recunchos a onde non chega, hai espazos onde aínda se escoitan mensaxes denigrantes contra as mulleres”. Engadiu que “o machismo agóchase pero está aí, escondido, é un monstro con moitas cabezas que está introducido nas redes, nos discursos do odio e hai que seguir pelexando, cada día, para conseguir construír esa desexada sociedade xusta, a sociedade feminista”.
Co lema Novos aparatos ideolóxicos. O patriarcado de vixilancia o cuarto workshop reflexiona estes días sobre as novas estratexias ideolóxicas do patriarcado para perpetuarse a través da misoxinia dixital organizada: a chamada manosfera, machoesfera ou manhood, que está a actuar como un novo “aparato ideolóxico”.
Durante a primeira xeira Remedios Zafra, premio Anagrama de Ensaio e premio Internacional de Ensaio Jovellanos, impartiu unha conferencia sobre Patriarcado e capitalismo dixital e Mónica Alario, autora de Política sexual da pronografía. Sexo, desigualdade, violencia e doutora internacional en Estudos Interdisciplinares de Xénero, outra sobre Pornografía online: unha nova educación. Tralas dúas conferencias tivo lugar unha mesa redonda, moderada pola directora da área de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez, na que a profesora de Socioloxía Elisa García afondou na Manosfera española e a onda antifeminista: da irreverencia á relevancia política e a historiadora e antropóloga feminista, responsable de xénero de InteRed, Elena Alfageme, centrouse na construción do pensamento crítico para abordar as estratexias fronte aos discursos negacionistas machistas no mundo dixital. Pola súa banda a doutora en Comunicación e profesora da Universidade da Coruña Mª Teresa Piñeiro puxo o foco nas violencias dixitais contra as mulleres xornalistas e a doutora en Filoloxía Inglesa e formadora Alba Alonso afondou no machismo en todas as plataformas.
Actividade deste xoves
A xornada rematará como dixemos este 3 de novembro, e faino co obradoiro Reescribe o código Obradoiro de educación en ciberactivismo feminista entre as 17.00 e as 19.30 horas na Facultade de Comercio da Universidade de Vigo a cargo de 7H Cooperativa Cultural. O obradoiro contará con dúas partes, arrancando cunha primeira teórica que afondará nas orixes e evolución do ciberfeminismo, atendendo ao emprego da arte e da contrapublicidade como estratexias discursivas. Na segunda parte poranse en práctica as diversas posibilidades que ofrecen ferramentas de comunicación visuais, como a ilustración, o vídeo ou contidos dixitais como os adhesivos, os GIF e os memes, para crear recursos creativos propios e subverter a violencia simbólica que o patriarcado produce e reproduce a través da esfera dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?