Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo lembra que despregar fibra óptica en zonas rurais é ata 15 veces máis caro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo lembra que despregar fibra óptica en zonas rurais é ata 15 veces máis caro

S. P.
Publicado: 03/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xavier_viladegut_en_el_centro_cofundador_de_adamo_junto_con_representantes_de_empresas_del_sector.jpgAdamo segue a achegar balances da súa actividade recente para levar fibra óptica avanza e Internet de alta velocidade aos nosos concellos rurais, poñendo o foco, tamén, nas previsións a curto, medio e longo prazo, e nas complexidades que este traballo implica. O balance foi achegado por Xavier Viladegut, co-fundador de Adamo, quen lembrou que a operadora fornecerá de fibra óptica a 33.000 familias rurais de Lugo antes de que acabe 2024. “Isto”, dixo, implica importantes dificultades, “xa que temos que entender que despregar fibra óptica en zonas rurais é ata 15 veces máis caro que facelo en cidades”. Díxoo no transcurso dunhas xornadas sectoriais.
Segundo explicou “levar Internet de alta velocidade ás vilas e aldeas, ás áreas apartadas ou peor comunicadas é un dos grandes desafíos no ámbito das comunicacións actuais e futuras. Con todo, estender esa infraestrutura non resulta tarefa sinxela cando aparecen vivendas diseminadas, orografía adversa ou instalacións obsoletas, entre outros aspectos”. Neses posibles escenarios, “o custo dispárase”, engadiu.
En Lugo
Tamén debullou, en termos máis concretos, un dos grandes desafíos da operadora para os dous vindeiros anos: instalar Internet ultrarrápida en preto de 33.000 vivendas do ámbito rural da provincia de Lugo, mediante subvencións e capital privado, antes de que conclúa 2024. Así vén estipulado no resultado provisional da segunda convocatoria do Programa ÚNICO-Banda Larga, financiado polo fondo Next Generation da UE e dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Traballar en 800 poboacións á vez
xavier_viladegut_a_la_izquierda_cofundador_de_adamo_junto_con_representantes_de_empresas_del_sector.jpg “A contorna rural é moito máis complexa”, proseguiu o executivo. “Para facernos unha idea, baste o seguinte dato: só no mes de xullo, Adamo estaba cableando 40.000 vivendas de 800 pobos ao mesmo tempo, o cal ilustra o grao de dispersión das localidades e das casas que as forman”, sinalou o tamén director de Despregamento da compañía de telecomunicacións no transcurso nas xornadas A nova Lei Xeral de Telecomunicacións: retos e oportunidades, organizadas polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Comunicación (COITT) coa Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais como lugar de celebración.
Subvencións para a fibra rural
Foi precisamente a titular dese organismo, María González Veracruz, quen inaugurou o evento, que reuniu a semana anterior a representantes de numerosas empresas do sector e no que tamén se tratou o papel das axudas públicas para que a España baleirada conte con Internet de calidade. Nese sentido, Xavier Viladegut recoñeceu “o papel clave das mesmas”, dado que “sen elas sería moi complicado chegar a determinados lugares”, poñendo en valor a colaboración público-privada. “As axudas son un tractor de investimentos, sen dúbida, aínda que é verdade que os fondos propios que desembolsamos os operadores acaban superando, con moito, o que recibimos da Administración para realizar a despregadura”, matizou.
Finalmente, o directivo lembrou que “Adamo é o adxudicatario de referencia” neses concursos, tal e como quedou demostrado nas convocatorias de 2020, 2021 e 2022 (neste último caso, a resolución é provisional). En total, máis de 300 millóns de orzamento público-privado para instalar Internet de alta velocidade en 950.000 fogares rurais de 24 provincias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?