Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Isabel Rodríguez felicita ao persoal da Biblioteca de Sober polas súas innovadoras propostas de fomento da lectura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Isabel Rodríguez felicita ao persoal da Biblioteca de Sober polas súas innovadoras propostas de fomento da lectura

S. P.
Publicado: 03/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premio_biblioteca_sober.jpgA subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou este xoves 3 o concello de Sober para felicitar ás traballadoras da Biblioteca Pública polo “seu intenso traballo na promoción da lectura nos veciños e veciñas que residen no termo municipal” e tras ser recoñecida co Premio María Moliner que concede o Ministerio de Cultura e Deporte. Rodríguez reuniuse co alcalde, Luis Fernández, e coas traballadoras, Julia Fernández e Dunia Rodríguez, para coñecer de primeira man o traballo diario destas profesionais.
A subdelegada puxo en balor o seu traballo para incrementar e dinamizar a comunidade local de lectoras e lectores de Sober a través de lecturas telemáticas, coa posta en marcha dun club de lectura, coas merendas con contos, cos obradoiros de narración e de novas tecnoloxías (sobre navegación segura, mecanografía, Playcómic, etc), ou con actividades para estimular a memoria e as capacidades cognitivas das persoas maiores,
Todas estas actividades, sumadas a outras moitas, están a desenvolverse ao abeiro do proxecto Sober coa lectura. “Sodes un exemplo de compromiso co rural e a súa veciñanza, incentivando e fomentando a lectura nun municipio pequeno, con 2.200 habitantes, onde é máis difícil o acceso á literatura”, destacou Rodríguez quen informou que a iniciativa da Biblioteca de Sober é un dos 370 proxectos premiados en toda España e a única na provincia de Lugo.
Neste senso, a subdelegada avanzou que este recoñecemento do Goberno vai acompañado dunha achega económica de 2.777 euros destinada á compra de libros para ampliar o catálogo do centro. “Queremos que sigades con esta liña de traballo para acadar un dos obxectivos deste programa: achegar a literatura e a cultura a calquera persoa, independentemente de onde resida”, apuntou.
Os Premios María Moliner, que organiza o Ministerio de Cultura e Deporte coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias, son un concurso dirixido aos municipios de menos de 50.000 habitantes, a través da cal se premian os mellores proxectos ou actividades de dinamización lectora desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre nenos e novos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?