Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lara Méndez renova e habilita novas antenas Wi-Fi para achegar acceso a Internet de balde á cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lara Méndez renova e habilita novas antenas Wi-Fi para achegar acceso a Internet de balde á cidadanía

S. P.
Publicado: 03/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A alcaldesa Lara Méndez nunha imaxe de arquivo
A alcaldesa Lara Méndez nunha imaxe de arquivo
O Concello de Lugo anunciou importantes mellores en conectividade ao servizo da cidadanía. Segundo fixo saber a alcaldesa Lara Méndez, estanse a instalar novas antenas Wi-Fi e renovándose as xa existentes en prazas e edificios municipais “para facilitar o acceso de balde a Internet”. Nos vindeiros días finalizará a instalación de novos equipamentos en dez prazas da cidade con moita afluencia de xente a diario, xente nova e tamén persoas maiores.
Así o informou a rexedora local, quen subliñou que “vimos de aprobar a licitación do proceso, por un importe de 130.792,93 euros, de maneira que avanzamos na procura dunha cidade máis moderna e conectada, proporcionando acceso sen fíos e gratuíto a internet nos principais espazos da vida pública”.
Esta renovación farase con cargo aos fondos do programa de axudas a municipios do Ministerio de Política Territorial para a Transformación Dixital e Modernización das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos fondos europeos Next Generation. “Ademais da substitución de antigas antenas, o contrato licitado contempla a instalación de novos puntos de acceso á rede no novo Centro Social de Lamas de Prado; o edificio Paco Marín; o edificio Impulso Verde; o CEI-Nodus; e a Piscina das Pedreiras”, explicou Lara Méndez.
Por outra banda, a alcaldesa informou que “a vindeira semana está previsto que finalice, así mesmo, a instalación das antenas Wi-Fi do programa Wifi4EU”. Este programa europeo, para o que Lugo resultou seleccionado, ofrece un financiamento de 15.000 euros aos municipios para habilitar puntos de acceso sen fíos á Rede, co obxectivo de promover a conectividade Wi-Fi para os cidadáns e transeúntes en espazos públicos de toda Europa.
A través desta convocatoria, o Executivo municipal instalou antenas en dez localizacións: praza da Milagrosa; praza Agro do Rolo; praza de Augas Férreas; praza Maior; Casa da Xuventude; praza do Castiñeiro; praza Viana do Castelo; praza do Campo Castelo; Centro de Servizos Municipais; e na praza Horta do Seminario. O orzamento total foi de 36.193,51 euros dos cales 15.000€ están financiados pola Comisión Europea.
Conexión Wi-Fi gratuíta nos centros municipais
Na actualidade o Concello dispón de puntos Wi-Fi instalados en numerosas dependencias municipais entre as que se atopan as seguintes: Centro de Servizos Municipais; Casa do Concello; Policía Local; Parque de Bombeiros; Pazo Municipal dos Deportes; Centro de Convivencia da Milagrosa; Centro de Convivencia de Fingoi; Local Social Díaz Castro; Centro de Convivencia Maruja Mallo; Centro de Convivencia Sagrado Corazón; Centro de Convivencia Uxío Novoneyra; Auditorio Municipal Gustavo Freire; Centro Cultural Vello Cárcere; Casa do Deporte; Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL); Mercado Municipal Quiroga Ballesteros; Casa da Xuventude; Nave de asociacións; Biblioteca Municipal Isidro Novo; Piscina Municipal As Pedreiras; Complexo deportivo As Pedreiras; Casa das Asociacións María Mariño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?