Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira achega 15.000 euros en cupóns desconto a través da súa plataforma de marketplace
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira achega 15.000 euros en cupóns desconto a través da súa plataforma de marketplace

S. P.
Publicado: 04/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20221103-presentacion-campana-ribeira-store.jpgO Concello de Ribeira presentou os detalles da nova edición da campaña Amaribeira, unha iniciativa a prol do comercio local que collerá impulso, nun primeiro intre, na aplicación de cupóns de desconto no marketplace local Ribeira Store. En base a isto, os cidadáns e visitantes que aposten polos establecementos de proximidade poderán, coa axuda do seu móbil, gozar de descontos de 30 euros nos seus produtos.
Os negocios interesados en adherirse poderán anotarse a partir do vindeiro luns 7 de novembro. A iniciativa, abeirada ao Plan de Medidas Reactiva Ribeira, foi presentada polo alcalde Manuel Ruiz, o presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez Gude, e o concelleiro de Promoción Económica, Ramón Doval. En total, mobilizaranse 15.000 euros en cupóns.
Ruiz Rivas recordou que o pleno aprobou no pasado setembro dedicar 300.000 euros do remanente a unha nova campaña Amaribeira, dos cales 15.000 euros están destinados a ofrecer cupóns de desconto exclusivos en Ribeira Store. A mecánica será similar á da anterior convocatoria, de tal xeito que se poden obter descontos de 10 euros por cada 30 euros de compra ata un máximo de 30 euros por persoa usuaria. “Isto significa que a iniciativa podería provocar un movemento de cartos duns 50.000 euros”, sinalou.
O período de validez dos cupóns abranguerá dende o día 14 ata o 20 de novembro, xa que logo a Asociación de Empresarios emprenderá a súa propia campaña polo Black Friday.
Aqueles establecementos que queiran adherirse á iniciativa e ofrecer cupóns de desconto nos seus produtos ou servizos en Ribeira Store poden apuntarse a partir do próximo luns 7 de novembro, habendo de prazo ata o final da campaña.
Bonos QR en Nadal e xaneiro
Máis adiante, na época de Nadal e xaneiro, será cando se active por parte do Concello de Ribeira a campaña de bonos QR Amaribeira destinados aos establecementos físicos, que segundo as estimacións municipais beneficiarán a entre 8.000 e 10.000 persoas.
Francisco Martínez agradeceu a implicación do Concello cunha iniciativa que “vai favorecer a moitos comercios do municipio e manifestou a súa disposición a seguir colaborando”.
Para máis información sobre como adherirse a campaña (vendedores) ou como utilizar os cupóns de desconto (usuarios) pódense consultar as bases que se van publicar na web www.ribeira.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?