Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A metade dos proxectos aprobados no Fondo Xacobeo 2021 foron dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A metade dos proxectos aprobados no Fondo Xacobeo 2021 foron dixitais

S. P.
Publicado: 04/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fondo_cultural_xacobeo_virtual_dixital.jpgA Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García compartiu o balance de actividades desenvolvidas en 2021 ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, programa enmarcado no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte á crise da COVID-19. Entre os seus cometidos sitúase a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en galego, cos obxectivos de dinamizar a nosa lingua, apoiar aos nosos artistas, creadores e empresas e dar continuidade e visibilidade (sobre todo a través do Portal da Lingua, www.lingua.gal, e das redes sociais) á oferta e ao consumo de propostas lingüísticas e culturais. A convocatoria 2021 contou cun orzamento de 3 millóns, destinados a todos os eidos do sector cultura, que presentaron proxectos nas seguintes modalidades: dixital, presencial e material (libros, CD, DVD e outros produtos tanxibles).
actuacion_en_ribeira_fondo_cultural_xacobeo.jpg As iniciativas optaron a un investimento máximo de 15.000 ou de 6.000 euros, segundo o tipo de solicitante. Incluíronse proxectos de lingua, artes escénicas, teatro, danza, música, artes plásticas, literatura, divulgación, patrimonio ou turismo cultural, entre outros. O total de solicitudes presentadas foi de 1.365, pasando a revisión administrativa o 88% dos mesmos (1.200). A modalidade de formato dixital foi a que tivo máis propostas presentadas, un 45%, seguida dos proxectos presenciais (o 34%) e dos materiais (o 21%).
balance_fondo_proxectos_culturais_xacobeo_politica_linguistica.jpgO orzamento total dos proxectos presentados foi de 14.708.458 euros, o 86% do cal (12.667.313) foi para as propostas completas.
Os proxectos presentados con maior orzamento foron os dixitais, co 45% deste.
Os proxectos presenciais representaron o 33% do orzamento total e os materiais o 22%.
A modalidade dixital foi a que tivo máis proxectos aprobados: un 50% (136).
Da categoría presencial, aprobáronse 102 (un 37%).
Os proxectos materiais foron os menos numerosos, cunha taxa do 13% (32 proxectos).
Podemos atopar máis datos no informe pendurado na Rede (en formato PDF) pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?