Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME fórmanos esta semana en ciberseguridade, Arduimo e uso profesional do TikTok
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME fórmanos esta semana en ciberseguridade, Arduimo e uso profesional do TikTok

S. P.
Publicado: 07/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smartpeme-16.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do seu programa de formación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana catro novas formacións impartidas de xeito online: catro obradoiros para pequenas e medianas empresas, persoas autónomas, profesionais e cidadanía en xeral. As accións tratarán temas como a importancia das copias de seguridade, gañar subscritores grazas a un lead magnet, aproveitamento do TikTok nas empresas e programación con Arduino.
Este luns 7 de novembro, Manuel Freire, experto en Robótica, programación e impresión 3D, será o encargado de impartir o curso Ciberseguridade, copias de seguridade. O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a importancia de ter os datos nunha copia de seguridade para evitar situacións de perda ou roubo.
O martes 8, a Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, Fátima Faílde, impartirá o taller Infoprofutos II: Deseña un lead magnet para aumentar os teus subscritores. Explicará como aumentar os contactos a través dos chamados lead magnet, agasallos ou incentivos que favorecen o crecemento óptimo de calquera negocio. Tamén se afondará en como deseñalos e incluír un formulario de subscrición na web para facer medrar as listas.
O mércores 9 de novembro, María Aller, postgraduada en Comunicación Corporativa, contará como sacarlle ó máximo partido a unha das redes sociais máis populares do momento: TikTok, que se converteu nunha ferramenta moi interesante para marcas e empresas. Todo este contido no obradoiro Como usar TikTok na túa empresa.
Finalmente, o xoves 10, impartirase Programación con Arduino II. Teórico I. Este curso forma parte dun itinerario que ten como obxecto iniciarnos nunha das linguaxes de programación máis populares actualmente como é Arduino, mediante talleres teóricos en liña e talleres prácticos para experimentar o aprendido. Esta formación componse de 5 obradoiros, 3 deles teóricos online e 2 prácticos presenciais de 4 horas. O curso será impartido, de novo, por Manuel Freire.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?