Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UMI Aquatim integra a dixitalización como parte natural do ciclo da auga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UMI Aquatim integra a dixitalización como parte natural do ciclo da auga

S. P.
Publicado: 07/11/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

aquatim_umi.jpgEste luns 7 de novembro presentouse a UMI (Unidade Mixta de Investigación) formado entre o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) e as empresas Aqualia e TRAINASA, que permitirá avanzar nunha xestión máis eficiente, segura, circular, resiliente e sustentable do ciclo da auga, así como na consecución de retos sociais globais como a mitigación do cambio climático e a descarbonización da economía.
Na presentación da iniciativa Aquatim, no que colabora a Xunta, participaron a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez. Esta UMI é a segunda centrada na xestión sustentable da auga e unha das 55 desenvolvidas en Galicia desde o ano 2014 co apoio da Administración autonómica que teñen mobilizado preto de 155 millóns de euros.
Dotada cun orzamento total de máis de 2 millóns de euros ata 2025 (un 40% de fondos públicos), esta Unidade Mixta persegue avanzar no estudo e implementación de novas tecnoloxías ao longo de todo o ciclo da auga a través da innovación e a dixitalización para obter novas fontes de enerxía limpas; novos recursos naturais e un uso eficiente dos mesmos; a protección dos ecosistemas e a biodiversidade; a dixitalización do ciclo integral da auga; e a introdución de melloras para asegurar a calidade das masas de auga, contribuíndo deste xeito á mitigación do cambio climático e a descarbonización da economía.
Durante a presentación de Aquatim, Argerey apuntou que esta Unidade Mixta está aliñada cos retos e prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) “na medida en que contribúe a unha xestión máis innovadora dos recursos naturais a través da innovación e avanza na sustentabilidade, aplicando diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para progresar na descarbonización das cadeas de valor e na sustentabilidade dos recursos naturais de Galicia, xerando ademais oportunidades para a súa diversificación”.
Pola súa banda, a directora de Augas de Galicia salientou a importancia deste proxecto como “instrumento que favorecerá a cooperación entre os distintos organismos de cara a acadar a xestión integral do ciclo da auga desde a innovación”. Así, situou como novos retos a eliminación de contaminantes emerxentes en augas para consumo e residuais; a valorización de produtos dos subsectores agro-gandeiros, industriais e especialmente da industria alimentaria; a redución dos consumos enerxéticos; ou a incorporación de fontes de enerxía alternativas nos procesos de xestión do ciclo da auga.
Ademais, apostou por avanzar na dixitalización e no uso de ferramentas de Intelixencia Artificial para “coñecer o funcionamento dos sistemas, non só nas redes de abastecemento e saneamento, senón tamén nos sistemas naturais”, sinalou a directora de Augas de Galicia.
As Unidades Mixtas de Investigación son un instrumento de cooperación entre organismos de investigación e o tecido empresarial impulsado pola Xunta de Galicia para desenvolver conxuntamente actividades de I+D+i estratéxicas para Galicia co obxectivo de impulsar a transferencia de I+D ao tecido industrial e a atracción de empresas cara Galicia. Desde a súa posta en marcha en 2014, a Xunta de Galicia apoiou 55 Unidades Mixtas de Investigación, coa participación de 39 empresas -a maioría grandes compañías- e 14 centros de coñecemento e un investimento mobilizado de preto de 155 millóns de euros.
No ámbito da auga, Aquatim súmase á UMI Centro de Innovación Galego de Sistemas Avanzados de Tratamentos de Auga (CIGAT), impulsada polo centro tecnolóxico Cetaqua e a empresa Viaqua desde o ano 2015 e que actualmente ten constituído un Centro Mixto de Investigación, no ámbito da xestión sustentable da auga. O CIGAT está traballando na reintrodución de residuos de orixe industrial, urbano, agrícola e rural na cadea produtiva, converténdoos nun recurso esencial para a transición de Galicia cara unha bioeconomía circular e resiliente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?