Televés vén de lanzar un novo dispositivo de control e monitoraxe, o H30 Crystal Full, que inclúe opcións exclusivas de serie para un importante aforro para o instalador. Trátase, en palabras da empresa compostelán de equipamentos avanzados de telecomunicacións, iluminación, eSaúde e fogar dixital, dunha ferramenta profesional en tamaño peto para medir o sinal de todas as modulacións DVB-T/T2, DVB-S/S2, DVB-C e F.O.
H30Crystal é un medidor de campo portátil e multi-estándar, que completa a serie H30 de Televés cunha “pontete funcionalidade de fibra óptica, presente en todas as infraestruturas de telecomunicacións de vangarda”, informa Televés, engadindo que con esta nova versión o instalador disporá de serie de todos os formatos de modulacións DVB-T/T2, DVB-S/S2, DVB-C e F.O para infraestruturas de edificios e fogares, tanto se a instalación está realizada con cable coaxial ou con fibra óptica.
O medidor inclúe de maneira gratuíta a a visualización HEVC e o analizador Wi-Fi e IPTV, opcións avanzadas para o resto da gama, co obxectivo de saír ao paso do incremento de puntos de acceso sen fíos como parte necesaria das redes instaladas e, tamén, dunha notable evolución nos contidos audiovisuais que se distribúen a través das redes e das súas resolucións.
En palabras da empresa de Santiago, “as ferramentas de medición de sinal son o maior investimento en instrumentación que realiza o instalador de telecomunicacións para a distribución de servizos de televisión e internet, e resulta fundamental protexela nun óptimo estado ao longo do tempo. Por iso na empresa decidimos incluír de forma gratuíta o kit de accesorios, que inclúe o maletín de transporte, unha funda impermeable e un prolongador de cable coaxial de tres metros”.
Ata o 31 de decembro Televés comunicou o lanzamento do medidor H30 Crystal Full baixo unha campaña promocional, que ademais de incluír as opcións xa mencionadas, achegará gratis un xerador de luz tripla para o seu uso en instalacións de redes ópticas.

