BE:SEC by Emetel, marca especializada en solucións e servizos de ciberseguridade da empresa galega Emetel, organizou este luns 7 de novembro, na Coruña, un evento titulado NextGen SOC. Nel reuníronse profesionais CIOS (propietarios dos procesos de negocio) e CISOS (propietarios de infraestruturas básicas) de diferentes empresas e administracións co obxectivo de mostrarlles as mellores solucións para que os centros de operacións de seguridade (SOC polas súas siglas en inglés) fagan monitoraxe das ameazas de ciberseguridade.
Durante a xornada reflexionouse acerca das necesidades de visibilidade integral das ameazas actuais de protección dixital para as organizacións e as distintas solucións dispoñibles nun contexto no que “as ameazas actuais son cada vez máis complexas e utilizan novas tácticas e técnicas que fan que os sistemas e servizos clásicos véxanse superados e obsoletos con facilidade”, sinalaron fontes de Emetel, que presentou, a través de BE:SEC, solucións e servizos de ultima xeración e proxectos lanzados copa participación de referentes mundiais como Extrahop (NDR), CrowdStrike (EDR), Kela (CIP) e ThreatQ (TIP).
“Para BE:SEC”, engadiu a empresa galega, “a aposta polo I+D e a evolución continua é a base da nosa estratexia, por iso desenvolvemos solucións e servizos de forma continua que se adapten a un escenario cada vez máis complexo e mutante”. É por iso que, froito deste investimento, BE:SEC tamén desenvolveu plataformas de ciberseguridade accesibles por medianas e pequenas empresas. “A nosa aposta por I+D e a estreita colaboración cos nosos clientes e distintos organismos oficiais están a dar os seus froitos e permítenos anunciar o próximo lanzamento dunha plataforma de ciberseguridade que será accesible para as medianas e pequenas organizacións”, explicou ao comezo do evento o director de BE:SEC, Fernando Segura. Neste sentido, destacou “o coñecemento, as ferramentas, as metodoloxías e certificacións que dispón de BE:SEC para prestar os servizos diferenciais de alto valor desde o noso SOC de última xeración”.
Durante a xornada, que tivo lugar no Hotel Noa Boutique de Santa Cruz (A Coruña) interviñeron Rafael Tortajada, de Ingecom, Rubén Franco Fernández, de CrowdStrike, Borja Rosales, de Kela Group, e Eutimio Fernández García-Donas, de ThreatQuotient. Tamén participaron o director de Operacións de Ciberseguridade de BE:SEC, Marcos Carro, e Alejandro Franco, especialista de Ciberseguridade do SOC de BE:SEC, quen presentaron a solución desenvolvida pola empresa galega THEIA e mostraron a súa integración co resto das ferramentas mostradas, demostrando a capacidade das mesmas para visibilizar, desde un único punto, logs de sistemas, ferramentas e aplicacións de negocio TI; tráfico de rede, tanto externo como interno (NDR); comportamento dos usuarios e procesos dos endpoints (EDR); información dispoñible das organizacións en Internet e de campañas activas contra elas (CIP); eventos de seguridade xerados por todas estas solucións e contextualización (TIP).

