
O contrato, cuxo orzamento base suporá un investimento de 77.440 euros, terá un prazo de execución de 10 meses para a instalación das ferramentas dixitais e outro de 2 anos para o soporte e mantemento, que non poderá ser prorrogado.
A responsable de Benestar Social, Olga López Racamonde, explicou que “esta plataforma é unha solución tecnolóxica que redundará especialmente na celeridade do labor municipal e que reverterá directamente nas relacións coa cidadanía e co resto de entidades, en tanto incrementará a dilixencia dos procedementos e a funcionalidade das prestación públicas”.
A actuación enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% polos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e ao 20% polo Concello de Lugo.
Lugo disporá dunha plataforma que permitirá a xestión integral dos Servizos Sociais
Compartir Este Artigo

