Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC definirá os contidos dunha materia de Intelixencia Artificial para centros de FP e toda Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC definirá os contidos dunha materia de Intelixencia Artificial para centros de FP e toda Europa

S. P.
Publicado: 10/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Foto de arquivo da intervención do alumnado e profesorado do CPI A Xunqueira de Fene, na presentación de resultados do proxecto AI+ o 22 de xuño deste ano no Campus de Ferrol
Foto de arquivo da intervención do alumnado e profesorado do CPI A Xunqueira de Fene, na presentación de resultados do proxecto AI+ o 22 de xuño deste ano no Campus de Ferrol
Un grupo internacional de investigadores, coordinado polo catedrático da Universidade da Coruña Fran Bellas, experto en Robótica e Intelixencia Artificial (IA) e investigador do CITIC, desenvolverá os contidos para unha materia de IA para implantar nos centros de Formación Profesional de toda Europa. O proxecto Artificial Intelligence learning modules to adapt VET to the digital transformation of the labour market (AIM@VET), avalado polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), vén de obter unha axuda do Programa Erasmus + da Unión Europea de 400.000 euros.
Ao longo dos próximos tres anos, o membro do Grupo de Investigación Integrado de Enxeñaría, Fran Bellas, coordinará un equipo de investigadores da Universidade de Liubliana, Eslovenia; da Universidade do Minho, Portugal, e da propia UDC que traballará conxuntamente con alumnado dos centros de Formación Profesional de Solski Center Velenje, Eslovenia; da Escola Secundária de Caldas das Taipas, Guimarães, Portugal; e do Centro Integrado de Formación Profesional Rodolfo Ucha, de Ferrol.
Os investigadores realizarán os contidos dunha materia para dous cursos lectivos, así como desenvolverán o material necesario, logo de probar as propostas co alumnado dos centros de FP colaboradores dos tres países.
Segundo informou a UDC, esta iniciativa “pretende adaptar a educación e a Formación Profesional ás necesidades do mercado laboral”, ao tempo que se afrontan os principais desafíos de transformación da FP, con vistas a un intre, o ano 2030, en que se estima que arredor do 70% das empresas teñan incorporada a Intelixencia Artificial nos seus procesos comerciais. O proxecto que lidera a UDC está centrado en tres áreas clave, a visión por computador, a robótica e a intelixencia ambiental. O coñecemento nestas destrezas abrirá ao alumnado de FP novas oportunidades no mercado laboral en sectores como a industria 5.0; contornas smart; vehículos autónomos e outros.
Este proxecto é continuación do xa realizado para desenvolver os contidos dunha materia de Intelixencia Artificial para Secundaria e Bacharelato para centros educativos de Europa. O proxecto europeo de innovación educativa AI+: Developing an Artificial Intelligence Curriculum adapted to European High School, coordinado tamén polo profesor Fran Bellas, desenvolveuse de 2019 a 2022, cando se presentaron os resultados nun acto no Campus Industrial de Ferrol. Acadou, así mesmo, financiamento do programa Erasmus + da Unión Europea.
Este proxecto contou coa colaboración de seis centros de ensino secundario e de bacharelato de cinco países europeos: o 2IIS A-Ruiz (Italia), o Viesoji istaiga Panevezio Profesinio Rengimo Centras (Lituania), o CPI A Xunqueira (Fene, A Coruña, España), o Solski center Velenje (Eslovenia), o Joensuun yhteiskoulun lukio (Finlandia) e o IES David Buján (Cambre, A Coruña, España).
Os investigadores deseñaron 16 unidades didácticas nas que o alumnado participante debía afondar no eido das aplicacións para smartphones, da robótica autónoma e da Intelixencia Artificial Colectiva. Botando man do propio smartphone do alumnado e do robot educativo Robobo, o profesorado dos centros colaboradores impartiu estas unidades didácticas como actividade extracurricular ou integrada como parte de materias de tecnoloxía xa existentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?