Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CIAR das Rozas acolleu demostracións do único taxi-dron sen piloto fabricado en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CIAR das Rozas acolleu demostracións do único taxi-dron sen piloto fabricado en España

S. P.
Publicado: 10/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

itg_evtol_2.jpgEsta semana, no marco das demostracións do proxecto europeo AMU-LED que o Instituto Tecnolóxico de Galicia lidera en España, celebráronse as probas en ceo galego do que sería, segundo informa o ITG, o primeiro e único taxi-dron sen piloto de fabricación española.
Trátase do eVTOL (vehículo aéreo eléctrico de despegue e aterraxe vertical) de Umiles Next, que está dotado da tecnoloxía de Tecnalia.
Os voos, desenvolvidos instalacións do Centro de Investigación Aeroportada (CIAR) en Rozas, en Castro de Rei (Lugo), foron xestionados con Airus, un dos sistemas máis avanzados de xestión de tráfico de drons en cidades de Europa, desenvolvido en Galicia polo centro tecnolóxico ITG e a empresa NTT Data.
Segundo explicou o ITG, estes voos forman parte das demostracións de AMU-LED, proxecto europeo H2020 que busca avanzar na integración segura de vehículos aéreos non tripulados en contornas urbanas, e están a ser coordinadas por ITG en España.
Analía López Fidalgo, directora de Sensórica e Sistemas Aéreos non tripulados de ITG, sinalou que “estamos moi satisfeitos por poder traer de novo a Galicia estas probas que mostran o músculo tecnolóxico do onstituto e sitúannos como un referente internacional no ámbito dos voos aéreos non tripulados en ceo urbano”.
O eVTOL Concept Integrity que voou este xoves 10 de novembro por primeira vez no espazo aéreo galego é un deseño máis avanzado da primeira versión que se presentou en 2019, con todos os sistemas evolucionados. “É o primeiro de España capaz de desprazarse nas cidades de forma autónoma, pensado para o traslado dunha persoa e cubrir distancias urbanas de 15 quilómetros en 15 minutos”, sinalaron fontes do ITG.
itg_evtol.jpgA coordinación dos voos do aerotaxi con outros drons e aviación tripulada simulada foi xestionada con Airus, a plataforma tecnolóxica de servizos U-Space desenvolvida por ITG e NTT Data, que permite a integración eficiente e segura de UAS (drons) no espazo aéreo e que “será clave para a democratización dos servizos de mobilidade aérea urbana no futuro, xa que permitirá habilitar aerovías urbanas baixo demanda e en tempo real”, explicaron.
Este software, que durante o voo realizou a prestación dos servizos comúns de información (Common Information Services) e de servizos de xestión de tráfico aéreo, incorpora os últimos avances en enxeñería de tráfico de drons para proporcionar funcionalidades ao centro de xestión como a identificación e rexistro de vehículos aéreos non tripulados, xeoposicionamento, resolución de conflitos de plans de voo, seguimento e monitoraxe do voo, información de tráfico, interface con ATC (Controlador Tráfico Aéreo), xestión de emerxencias, información aeronáutica precisa e fiable, etc.
O ITG engadiu que “o nivel de intelixencia, seguridade, automatización e dixitalización de Airus permiten tráfico UAS (drons) en escenarios complexos, onde a vixilancia é obrigatoria, por exemplo BVLOS (voos que se realizan máis aló do alcance visual do piloto), contorna aeroportuaria, espazos aéreos de alta densidade de tráfico, áreas urbanas ou outras infraestruturas críticas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?