Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UIE de Abanca e Microsoft asinan unha alianza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UIE de Abanca e Microsoft asinan unha alianza

S. P.
Publicado: 10/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

abanca_universidade_sinatura_microsoft_uie.jpgA Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) e Microsoft veñen de asinar unha alianza para capacitar e certificar aos seus estudantes nas tecnoloxías punteiras e disruptivas especialmente demandadas polas empresas. A través de Microsoft AI Business School e UIE, os estudantes do campus da entidade galega Abanca formaranse e descubrirán, “dunha maneira práctica”, todas as posibilidades da aplicación da Intelixencia Artificial na contorno empresarial.
O acordo, segundo fixeron saber as dúas entidades, inclúe a posta en marcha de proxectos docentes e de investigación, con especial foco na aplicación de tecnoloxías innovadoras á sustentabilidade ambiental
A alianza, que foi rubricado este xoves 10 de novembro na Coruña por Miguel Ángel Escotet, reitor da Universidade Intercontinental de la Empresa, e Alberto Granados, presidente de Microsoft España, pretende, nas súas palabras, “impulsar a transformación dixital da entidade universitaria e aplicar a innovación tecnolóxica na formación dos seus estudantes, capacitándoos coas habilidades que demandan realmente as empresas”.
O acordo, sinalaron, tamén fortalecerá a vertente innovadora da UIE, que complementa o seu modelo presencial individualizado (aplicado aos programas de grao e mestrado nos campus da Coruña e Vigo) con mentoring, titorías e uso integrado de tecnoloxías interactivas e accións en remoto. Isto reforzarase grazas á incorporación de solucións Microsoft orientadas a mellorar a comunicación e colaboración entre docentes, persoal de administración e estudantes. Neste senso, “o uso de Microsoft 365 Educación ou Teams, permitirá á universidade proporcionar experiencias de aprendizaxe máis flexibles, atractivas e inclusivas”, engadiron.
O acordo contempla, así mesmo, o traballo conxunto entre Microsoft e a Universidade Intercontinental da Empresa na posta en marcha de proxectos docentes e de investigación, facendo especial fincapé naqueles centrados na sustentabilidade. “O mercado laboral demanda cada vez máis profesionais formados cunha combinación de coñecementos e habilidades STEM, como a IA, o uso de datos ou a computación cuántica, con outros especializados en sostibilidade, polo que fai falla moito talento dixital para facer fronte á enorme demanda de dixitalización de todo tipo de empresas e organismos en España, non só do sector tecnolóxico, senón de calquera ámbito de actividade”, explicou Escotet.
Microsoft axudará á UIE a ofrecer “unha proposta de formación innovadora” que inclúa as competencias dixitais que require o sector empresarial, mellorando así, a empregabilidade e incorporación ao mercado laboral dos seus alumnos.
Amais, os estudantes dos distintos graos e mestrados da universidade terán ao seu dispor a tecnoloxía Microsoft Learn, plataforma en liña aberta, organizada por itinerarios, titoriais paso a paso e contornas interactivos que facilitan unha aprendizaxe práctica. Trátase dun modelo de capacitación e certificacións oficiais nas tecnoloxías máis innovadoras de Microsoft, como a computación na nube, ciencia de datos ou Intelixencia Artificial, que “axudarán aos estudantes da UIE a diferenciarse e mellorar as súas posibilidades profesionais”, segundo fixeron saber Escotet e Granados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?