Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adxudicadas dez bolsas formación para a investigación do Centro Ramón Piñeiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adxudicadas dez bolsas formación para a investigación do Centro Ramón Piñeiro

S. P.
Publicado: 11/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

foto_centro_ramon_pineiro.jpgEste venres 11 de novembro publicouse Diario Oficial de Galicia a resolución de adxudicación de 10 bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Secretaría Xeral de Política Lingüística) unhas axudas formativas nas que o Goberno galego inviste 237.600€ e coas que busca cada ano “fomentar a formación e capacitación das persoas con titulación universitaria, promovendo ao mesmo tempo o ensino, a cultura e a investigación en lingua galega”. Ao mesmo tempo, búscase tirar o máximo proveito das tecnoloxías da información para aumentar o coñecemento, a innovación, a visualización e os estudos arredor do galego.
En concreto, os proxectos nos que participarán as persoas adxudicatarias das bolsas son Bibliografía da Literatura galega, Fraseoloxía galega, Corpus de referencia do galego actual (CORGA), Cantigas de santa María, Terminoloxía científico-técnica, Recursos para o desenvolvemento de tecnoloxías da fala, Base de datos do ALIR e Dicionarios de Literatura. A data estimada de comezo da formación será o 1 de decembro de 2022 e rematará o 30 de novembro de 2024.
O Centro Ramón Piñeiro é unha institución de referencia en estudos de fundamentación e investigación filolóxicos, literarios e antropolóxicos. Dende o seu seo estase a potenciar o prestixio crecente da lingua galega entre as linguas románicas, fomentando liñas estruturais que favorecen os traballos de investigación nos eidos sinalados, baixo esquemas baseados na dixitalización das Humanidades.
Dixitalización do coñecemento
A maiores a súa orientación de traballo céntrase, ademais, na dixitalización do coñecemento. Desta forma búscase facilitar o acceso en liña dos resultados acadados nas súas investigacións, co propósito de ofrecer recursos dixitais e ferramentas que permitan a súa compartición e reutilización. O obxectivo final é “contribuír ao acceso igualitario do coñecemento de xeito que redunde nun beneficio común a prol do interese público”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?