Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un videoxogo de investigadores da USC axúdanos a ter unha mellor valoración da nosa saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un videoxogo de investigadores da USC axúdanos a ter unha mellor valoración da nosa saúde

S. P.
Publicado: 11/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Unha muller empregando unha tableta nunha imaxe de Santi Alvite (USC)
Unha muller empregando unha tableta nunha imaxe de Santi Alvite (USC)
O Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía (GRISAMP) da USC vén de compartir detalles sobre un proxecto de seu destinado a crear un videoxogo e unha aplicación complementaria con capacidade para mellorar a valoración que as persoas maiores de 45 anos teñen da súa saúde física e mental. Os detalles (os primeiros resultados) foron visualizados na revista Games for Health Journal. O obxectivo último do proxecto é axudar a previr a depresión e promover hábitos de vida saudables, así como dar pulo á estimulación cognitiva.
Baixo o devandito desafío avaliouse a eficacia preliminar dun videoxogo en liña, cunha aplicación complementaria. Os resultados amosaron unha mellor valoración persoal da saúde en referencia á saúde actual, as perspectivas de saúde no futuro e a resistencia a enfermar. A mostra empregada neste estudo piloto consistiu en 25 adultos maiores de 45 anos, o 64% mulleres, cunha idade media de 54,9 anos.
Os resultados preliminares tamén apuntaron, ao remate da intervención, cara a un mellor funcionamento físico. O estudo tamén identificou melloras no funcionamento social ou grao en que os problemas de saúde interfiren na vida social habitual; e na saúde mental, en referencia a cuestións como a depresión, ansiedade, control da conduta e benestar xeral.
En canto á implicación no programa, a porcentaxe de adherencia foi “moi alta”, cun número de módulos completados de 7.5 sobre 8, e o número medio de tarefas completadas acadou case o 90%. “Os participantes amosaron unha elevada satisfacción e compromiso coa intervención”, apuntan dende o equipo liderado polo profesor da USC, Fernando Lino Vázquez. A intervención abrangueu oito módulos de 60 minutos de duración cada un, a razón dun por semana, con tarefas entre sesións para practicar as habilidades adestradas na súa vida real.
O tipo de videoxogo desenvolvido foi unha aventura gráfica baseada no Camiño de Santiago francés que se centra nun personaxe protagonista (Jacobo) e integra o xogador/a nunha narrativa da que xorden interaccións con personaxes, elementos da contorna e crebacabezas, co obxectivo de adquirir ferramentas psicolóxicas e adestrar a súa capacidade cognitiva. O proxecto de investigación focaliza tres áreas: prevención da depresión, estimulación cognitiva e hábitos de vida saudable.
Na actualidade, o grupo GRISAMP está realizando un ensaio controlado e aleatorio para comparar a eficacia do videoxogo multimedia interactivo en liña, cunha aplicación complementaria, fronte a un programa tamén en liña sobre a promoción da saúde física e psicolóxica en adultos que se atopan na adultez intermedia ou etapas posteriores da vida. Os dous programas teñen unha duración e contidos semellantes. O recrutamento do proxecto segue aberto e, dende o grupo, fan chamamento ás persoas interesadas para participar. Os criterios son ter 45 anos ou máis, dispor dun ordenador e smartphone con Internet; e non ter iniciado nos últimos dous meses un novo tratamento psicolóxico ou psicofarmacolóxico. As persoas interesadas poden inscribirse e/ou resolver calquera dúbida ou cuestión escribindo ao correo electrónico gamapea.envejecimientoactivo@gmail.com ou chamando aos teléfonos 600 880 017 ou 673 528 166.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?