
A final celebrouse este venres no Campus Industrial de Ferrol. Logo da súa participación no evento, o centro pontevedrés recibiu unha impresora 3D e os integrantes do equipo gañador cadansúa cámara GoPro.

Pola súa banda, o terceiro premio foi para o equipo SEK STEAM One do Colexio Internacional Eirís da Coruña, formado por Ruth Rodríguez Naya, Íñigo Fernández García, Rodrigo Sánchez Fuentes, Miguel Barral Buján e José Angel Amarelle Varela. Nesta ocasión, o centro levou un kit de robótica educativa Arduino.
270 estudantes traballando nun mesmo reto
No mes de outubro, preto de 270 estudantes de Bacharelato da rama científica de máis de 50 institutos de toda Galicia, divididos en grupos de entre catro e seis persoas, estiveron a competir, colaborar e traballar para resolver os enigmas dun misterioso buque de metano chamado Mozah. Este desafío en liña puxo a proba os seus coñecementos en materias como as matemáticas, o cálculo, a física, a química, ás ciencias e a tecnoloxía.
Ao longo da mañá do venres, os catro equipos clasificados na final presencial do reto Challenge STEM seguiron afondando na historia deste buque de metano de 400 metros de eslora e 60 de manga, logo de que o Mozah decida abandonar a ría de Ferrol para dirixirse ao seu novo destino e cando un dos integrantes da tripulación, Patxi, caia pola borda. Os 20 estudantes clasificados na gran final presencial, traballaron a contrarreloxo para programar e prototipar unha catapulta que lles permitise lanzarlle un flotador salvavidas e comunicarse co barco máis próximo.

1
CMC.01
Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña)
Candela Garea Veiga, Yago lópez Solórzano, Marcos Pérez Graíño, Eugenia Sánchez Castelo e Lucas Valencia Solá
2
Motor rotativo
IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra)
Martín González Morais, Diego García Abad, Carlos Pampillón Lorenzo e Daniel Piñeiro Freiría
3
SEK STEAM One
Colexio Internacional Eirís ( A Coruña)
Ruth Rodríguez Naya, Íñigo Fernández García, Rodrigo Sánchez Fuentes, Miguel Barral Buján, José Ángel Amarelle Varela
4
Ciencia Viva
Colexio Internacional SEK Atlántico (Poio, Pontevedra)
Jaime Martínez Miramontes, Manuel Fernández Moldes, Frances Lo Schiavo, Carlos González Tourís e Martín Buela Portela
O Colexio SEK Atlántico de Poio gaña a primeira edición do reto Challenge STEM
Compartir Este Artigo

