Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira conmemora o 25-N cunha campaña nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira conmemora o 25-N cunha campaña nas redes sociais

S. P.
Publicado: 11/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ribeira_25n_violencia_xenero.jpgO Concello de Ribeira presentou o programa municipal de actividades para conmemorar e visualizar o 25-N, o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Foi dado a coñecer pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, xunto coa directora do CIM Dolores Crujeiras, que salientaron o importante número de accións previstas, que inclúen un curso de autodefensa, eventos escolares, espectáculos de maxia e contacontos, un stand Agresión Off ou unha campaña en redes sociais. Tamén está programado o tradicional acto institucional do 25 de novembro.
A campaña nas redes
Así, a partir deste venres 11 de novembro arrancará unha campaña denominada #unhaimaxeporelas na que a través de diversas redes sociais, pantallas dixitais e a web do Concello (www.ribeira.gal) búscase facer “unha homenaxe ás mulleres falecidas este ano por violencia machista”, difundindo a diario carteis que combinan a fotografía en branco e negro dalgún lugar do municipio cunha breve descrición biográfica de cada vítima.
Actividades para escolares
ribeira_programa_campana_25n.jpg No concernente a actividades destinadas a alumnado, o mércores 23 de novembro haberá un espectáculo de maxia no Auditorio Municipal destinado a 4º e 5º de Primaria dos centros educativos do municipio que levará por titulo A igualdade non ten truco (de 10 a 13 horas).
O martes 29 de novembro, na praza do Concello, emprazarase un stand Agresión Off entre as 11 e as 18 horas, con participación de alumnado de 1º de ESO. E tamén hai que recalcar a celebración de sesións contacontos en streaming que ten como destinatarios estudantes dende 4º de Infantil ata 3º de Primaria.
Outra iniciativa a ter en conta será o autodefensa dirixido a mulleres maiores de 18 anos que terá lugar na Fieiteira o 26 de novembro en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, impartido por profesionais da Rede Galega de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.
E na véspera, venres 25 de novembro, a praza do Concello acollerá a partir das 11 horas un acto institucional no que se lerá un manifesto e se gardará un minuto de silencio, ademais de albergar unha performance da soprano noiesa Esperanza Mara. O evento está aberto a toda a cidadanía, ademais de contar coa participación de alumnado de ESO e FP básica que tamén efectuarán unha vistosa actividade na que estudantes portarán uns cubos cos nomes das vítimas que serán utilizados para montar unha especie de stand estilo LEGO.
Ana Barreiro recordou que o Concello tamén se adheriu tanto á X Andaina contra a violencia de xénero Campaña ao Respecto da Xunta de Galicia, como á campaña De fronte da Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?