Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula TIC do Milladoiro organiza este xoves unha charla de ciberseguridade para a cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula TIC do Milladoiro organiza este xoves unha charla de ciberseguridade para a cidadanía

S. P.
Publicado: 14/11/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

ames_ciberseguridade_portada.jpgA Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza unha xornada de ciberseguridade para este xoves, 17 de novembro, ás 17.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura da dita localidade do concello de Ames. A entrada é de balde ata completar aforo. De xeito complementario, clausúranse os primeiros cursos do segundo módulos de alfabetización dixital no rural. Entregaranse os diplomas de asistencia a estes cursos, aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas estiveron participando nestes obradoiros que comenzaron en outubro e que rematan o 16 de novembro.
A conferencia
Nesta conferencia tratarase o tema da manipulación e desinformación e os principais fraudes asociados a isto: phishing, compras en liñas, anuncios vacacionais, choios de segunda man. A conferencia será impartida por Nacho Álvarez, diplomado en Investigación Privada e graduado en Criminoloxía pola Universidade de Salamanca. Así mesmo, está habilitado como xefe e director de Seguridade polo Ministerio do Interior, quen ademais outorgoulle a habilitación de Instrutor de Seguridade.
Tras colaborar durante dous anos para a Secretaría de Estado de Seguridade nun programa de investigación sobre homicidios no contexto da violencia de xénero, no ano 2018 comenzou a traballar en SIA como consultor de ciberseguridade, onde obtivo as certificacións de auditor xefe de Sistemas de Xestión de Seguridade da Información e como auditor xefe en Continuidade de Negocio. Actualmente, é responsable de formación e concienciación en ciberseguridade de Govertis – TelefónicaTech.
Cursos de alfabetización dixital no rural
Ademais, clausúranse como dixemos os primeiros cursos do segundo módulos de alfabetización dixital no rural. Entregaranse os diplomas de asistencia a estes cursos aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas estiveron participando nestes cursos que comenzaron en outubro e que rematan o 16 de novembro, no que estiveron reforzando os coñecementos recibidos na primeira parte deste curso, realizado no 2021, e aprenderon novos temas relacionados coa xestión de arquivos, a ofimática, o tratamento de imaxes, o correo electrónico, as redes sociais ou o uso de dispositivos móbiles, entre outros temas.
Máis alfabetización dixital do Concello
Por outra banda, o Concello de Ames confirmou que segue adiante o plan formativo en alfabetización dixital polas distintas parroquias de Ames (modulo II). Deste xeito, ao longo deste mes comezarán os cursos nas parroquias de Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Nestas accións formativas ten prioridade o alumnado que participou no primeiro modulo deste mesmo curso en 2021. No caso de que queden prazas libres abrirase un período de inscrición para aquela veciñanza que desexe inscribirse. Ofértanse 90 persoas, 10 por curso que se imparte en cada local social.
Para participar neste segundo modulo é necesario ter coñecementos de informática a nivel básico. Impartiranse nocións de Windows 10, ofimática: Word – Excel, internet, a nube, correo electrónico, seguridade na rede, redes sociais, e usos dos dispositivos móbiles. En total, impartiranse 25 horas de clases prácticas. Ademais, as persoas que participen en dito curso visitarán as aulas de informática de Bertamiráns (Aula CeMIT) e do Milladoiro (AMTIC), para que as coñezan e se o desexan poidan seguir ampliando os seus coñecemento de informática en ditas instalacións.
A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, destaca que “a primeira edición do curso de alfabetización no rural tivo un gran éxito de participación e ante a demanda das/os participantes de facer un segundo curso para seguir ampliando os coñecementos en informática, comprometinme a que se impartiría un segundo módulo”.
Programación da AMTIC para decembro
Para o mes de decembro hai programados dous cursos que se van impartir de xeito presencial. O primeiro será sobre compras seguras en Internet para maiores de 18 anos, que se vai impartir o 13 e 15 de decembro, de 10.00 a 11.30 horas. Para os nenos e nenas haberá un obradoiro de felicitacións de Nadal coa ferramenta de programación Scratch. Realizarase os días 26 e 27 de decembro para nenos e nenas de 7 a 12 aos e os días 28 e 29 de decembro para rapaces e rapazas que teñen de 13 anos en diante. Esta actividade impartirase en ambos casos en horario de 11.00 a 12.30 horas. Para os cursos de decembro tamén se ofertan 12 prazas.
En decembro tamén se imparte un curso en liña. Deste xeito, os días 12 e 14 de decembro realizarase un curso sobre compras seguras en liña, tamén para persoas maiores de 18 anos, en horario de 16.30 a 18.00 horas.
Inscricións nos obradoiros
As inscricións poden realizarse na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, sitiada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas (durante o horario de realización dos cursos non haberá Aula Aberta) ou enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 535 940, ou escribir ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?