Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase a app Galegas con Recursos, unha guía de ferramentas fronte a violencia de xénero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase a app Galegas con Recursos, unha guía de ferramentas fronte a violencia de xénero

S. P.
Publicado: 15/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

presentacion-galegas-con-recursos.jpgO pasado venres 11 de novembro presentouse no Liceo Casino de Tui o venres 11 de novembro a iniciativa Galegas con Recursos, un programa integral de difusión, formación e información de recursos para mulleres que pon en marcha a Asociación de Mulleres en Igualdade AMEI Tui. A primeira parte do programa, na que están traballando as integrantes da entidade, consiste no lanzamento dunha aplicación móbil cun directorio de recursos para mulleres vítimas de violencia de xénero, coa que se pretende “centralizar nunha única ferramenta todos os recursos dispoñibles en Galicia”.
O obxectivo da aplicación é “facilitar o acceso a información sobre recursos dos que se pode botar man”, porque, segundo comenta Anabel Solla, presidenta de AMEI Tui, “os recursos salvan vidas, é de vital importancia que as mulleres coñezan os seus dereitos, que coñezan as ferramentas que teñen ao seu dispor e que poidan acceder a elas dende a palma da súa man”.
A aplicación, engadiu, está pensada para ser utilizada polo público en xeral mais tamén por entidades públicas, asociacións e profesionais que atenden a mulleres vítimas de violencia de xénero. “É unha ferramenta áxil e intuitiva onde se pode encontrar información sinxela e directa dos recursos existentes agrupados segundo a súa área”, sinalou, engadindo que xa está dispoñible para descarga a través de Google Play; tamén se está a elaborar unha páxina web, coa mesma finalidade, utilizando como base Galegas con Recursos.
“Estamos moi ilusionadas co proxecto que nos permite, dende a nosa pequena entidade en Tui, poder desenvolver unha ferramenta a nivel autonómico que será de utilidade a moitísimas mulleres de toda Galicia,” declara Anabel Solla.
A app desenvolveuse grazas a unha subvención da Xunta de Galicia para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e foi co-financiada polos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. A iniciativa tamén contou coa colaboración da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUP).
“Levamos traballando case un ano e medio no desenvolvemento desta tecnoloxía, cun equipo de profesionais que se deixaron a pel para sacar o proxecto adiante cando non sabiamos se encontrariamos financiamento”, comentou Anabel Solla.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?