Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e a Deputación de Pontevedra impulsan a canteira científico-tecnolóxica galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e a Deputación de Pontevedra impulsan a canteira científico-tecnolóxica galega

S. P.
Publicado: 16/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A catedrática de Microbioloxía da USC e vicepresidenta da RAGC Alicia Estévez Toranzo
A catedrática de Microbioloxía da USC e vicepresidenta da RAGC Alicia Estévez Toranzo
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra poñen en marcha o segundo bloque do III Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, dirixido a alumnado de Secundaria e Bacharelato, coa finalidade de “achegar a ciencia e fomentar as vocacións científicas entre a poboación máis nova”. Esta iniciativa está coordinada pola catedrática de Microbioloxía da Universidade de Santiago e vicepresidenta da RAGC Alicia Estévez Toranzo. Este 17 de novembro celebrarase a primeira das charlas no IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis.
Alumnado de 2º de Bacharelato Científico asistirá á charla Tris-Tras, coas Matemáticas o terás, que versará sobre a transcendencia das matemáticas na sociedade actual. Mª Victoria Otero Espinar, catedrática de Análise Matemática da Universidade de Santiago e vicepresidenta da Real Sociedade Matemática Española, destacará a súa presenza en boa parte do que nos rodea na nosa vida cotiá.
“Son moitos os avances científicos e tecnolóxicos que dependen das matemáticas”, avanza a investigadora, engadindo que “aqueles constituen a base da seguridade informática e dos dispositivos de imaxe médica como a tomografía computarizada ou a resonancia magnética”. E engade: “Sen as matemáticas non habería tradución automática, vehículos autónomos ou a decodificación do xenoma humano. Grazas ao uso de modelos matemáticos podemos entender as dinámicas de poboacións, comprender e controlar a propagación de epidemias ou analizar os riscos dos perigos naturais (inundacións, terremotos, incendios, furacáns…), o que axuda a prepararse con antelación, reducindo o risco de catástrofes”. Amais, explica, “as matemáticas permiten comprobar a autenticidade de obras de arte, describir a evolución dos negocios dunha empresa ou predicir o desenvolvemento de células nai”. En relación á arte, remarca que “as matemáticas inspiran a artistas e músicos: simetrías, fractais, curvas xeométricas, superficies e formas, patróns, escalas e sons na música…”. E destaca que os matemáticos e matemáticas están a traballar tamén no desenvolvemento de videoxogos ou na creación de películas animadas; e no deporte para deseñar estratexias de equipo no fútbol, baloncesto… e para tomar decisións durante as carreiras ou para conseguir coches máis aerodinámicos na Fórmula 1.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?