O Máster en Banca e Finanzas da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña organiza este venres 18 de novembro a conferencia Intelixencia Artificial como motor de transformación no sector financeiro que impartirá Óscar Barba Seara a partir das 16.00 horas.
Segundo informa a UDC, Barba Seara é responsable de tecnoloxía da empresa galega Coinscrap Finance e Senseizero. Na súa intervención falará sobre o papel do ecosistema das empresas e negocios que usan tecnoloxía para mellorar os seus servizos e procesos, as chamadas fintech.
O MUBF ten como obxectivo que o estudante adquira os coñecementos e competencias necesarias para desenvolverse profesionalmente na dirección financeira de empresas, banca e intermediación financeira, e actividades profesionais relacionadas con produtos e riscos financeiros.
Este título da Universidade da Coruña está acreditado pola CNMV e polo Banco de España para asesorar en materia de investimento e en materia de contratos de crédito.
O potencial dos sistemas intelixentes no sector financeiro, ao detalle este venres nunha charla da UDC
Compartir Este Artigo

