Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Argerey destaca en Brasil os logros do Polo Aeroespacial de Galicia en materia de CPI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Argerey destaca en Brasil os logros do Polo Aeroespacial de Galicia en materia de CPI

S. P.
Publicado: 17/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gain_argerey_20221117forocpibrasil1.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participa estes días na cuarta edición do Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta (Foro CPI), que se celebra en Río de Xaneiro. Neste marco salientou os logros obtidos coa incorporación aos servizos públicos autonómicos de solucións desenvolvidas mediante Compra Pública de Innovación no Polo Aeroespacial de Galicia. Nunha charla na que tamén participou Natasha Scaldaferri, do Hospital das Clínicas do Estado de São Paulo, Argerey sinalou que” das solucións desenvolvidas dentro do Polo Aeroespacial de Galicia, cinco están xa a utilizarse nos servizos públicos galegos”.
Tamén engadiu que a incorporación destas solucións supón un investimento de 2,92 M€ e realízase no marco dos contratos subscritos polas empresas adxudicatarias dos proxectos. Tres delas estanse integrando nas infraestruturas que ten a Xunta de Galicia na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. O Instituto de Estudios do Territorio (IET), a Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e as consellerías do Mar, de Infraestruturas e Mobilidade e de Medio Ambiente son as entidades usuarias destas solucións.
Utilidades concretas
As propostas incorporadas na operativa dos servizos da Xunta abranguen desde a obtención de datos xeorreferenciados con sensores embarcados en sistemas non tripulados, que permiten dispor de información cartográfica de calidade, con boa precisión e actualizada de forma continua, con usos como a planificación hidrolóxica, do transporte público e de infraestruturas, a elaboración de instrumentos de ordenación urbanística e territorial ou o inventariado de bens culturais; o seguimento e control de pragas forestais e a avaliación de franxas antiincendios mediante o uso de drons; ou o control da calidade das augas a partir dun sistema autónomo de recollida de mostras con vehículos autónomos aéreos e mariños, o que permite a Galicia mellorar o cumprimento da directiva europea da auga. “O impacto da incorporación das solucións supón un antes e un despois na prestación dalgúns servizos públicos: permite a automatización de procesos, reduce riscos e custos e incrementa a seguridade”, salientou Argerey, lembrando que no plan do Polo Aeroespacial de Galicia ata 2026 está en marcha unha nova licitación, na que presentaron propostas 28 empresas e centros de coñecemento, para o desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras para a mellora dos servizos públicos de emerxencias e de xestión dos recursos mariños da Xunta de Galicia. Superada a fase de negociación, convidouse a doce licitadores a presentar a proposta final.
A despregadura das solucións nas Administracións é o ultimo chanzo do proceso de compra pública de innovación, e, tal e como apuntou Argerey, “supón transformar os servizos públicos, deixando de relevo o compromiso da Administración pública coa innovación”. Neste escenario, a directora destacou que Galicia “é referente e pioneira na utilización da Compra Pública de Innovación para o desenvolvemento de proxectos”. Desde 2014 Galicia ten executado máis de 300 millóns de euros mediante este instrumento en diferentes iniciativas, como o Polo Aeroespacial.
O Foro CPI, que se celebra ata este 18 de novembro, en Río de Janeiro, celebrou en Galicia a súa primeira edición en 2018, e nesta está tamén apoiado pola Xunta.
No evento danse cita representantes de diferentes administracións públicas responsables de compras e de innovación de diferentes países iberoamericanos para intercambiar experiencias, compartir coñecementos e abordar retos de futuro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?