Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adxudicada en Ribeira a implantación de catro pasos de peóns intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adxudicada en Ribeira a implantación de catro pasos de peóns intelixentes

S. P.
Publicado: 18/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

paso_peon_intelixente_ribeira.jpgO Concello de Ribeira vén de adxudicar os traballos para implantar solucións intelixentes en pasos de peóns (na avenida da Coruña). Este proxecto é o resultado da consulta preliminar ao mercado efectuada no 2021 no ánimo de aplicar medidas innovadoras que redunden na seguridade viaria e dos viandantes. A intervención está enmarcada na EDUSI Máis Ribeira Atlántica, co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional do España (POPE) 2014-2020. A empresa que resultou adxudicataria de entre as catro ofertas presentadas foi Serovial, S.L., conforme a unha oferta de 87.120 euros, IVE incluído.
A actuación materializarase en catro pasos situados na avenida da Coruña, á altura dos números 149, 92, 82 e 6. Implica a instalación en cada un deles dos seguintes elementos:
• Instalación de sinalización LED vertical en ambos sentidos do tránsito diante do paso de peón (2 por paso de peón) orientadas cara os condutores, as cales iluminaranse de forma selectiva co paso dos peóns alterando a súa iluminación en intensidade e frecuencia e/ou cor. A alteración na iluminación da sinalización LED vertical estará vinculada á detección de peóns cruzando o paso.
• Instalación de sinalización LED horizontal en forma de balizas lonxitudinais sobre o extremo da beirarrúa adxacente á calzada para informar aos peóns da seguridade de cruzar o paso de peóns mediante cambios na cor das mesmas (sendo verde paso seguro e ámbar/vermello situación de risco). A alteración na sinalización LED horizontal estará vinculada á detección de vehículos dirixíndose ao paso. Dita sinalización LED deberá cubrir unha sección lonxitudinal de, polo menos, 2 metros con entre 2 e 4 balizas lonxitudinais.
• Instalación na beiravía (arcén) e na liña central de balizas LED con paneis solares integrados antes do paso de peón en ambos sentidos da marcha dos vehículos para mellorar a súa visibilidade. Instalaranse, polo menos, 16 balizas en cada paso de peóns repartidas de forma equitativa en cada sentido da marcha e, en cada un deles, entre a liña central e a beiravía dereita.
• Instalación na beirarrúa de luminarias LED a ambos os extremos de cada paso de peón sobre báculos fabricados nun material resistente ás condicións de salinidade e precipitacións de Ribeira.
• Instalación de elementos de detección de peóns en ambos os extremos de cada paso de maneira que se poida activar de forma selectiva a sinalización LED vertical, así como as luminarias no caso de que se desexe un funcionamento non permanente das mesmas.
• Instalación de radares pedagóxicos con display LED configurable en ambos os sentidos para advertir aos vehículos da súa velocidade.
• Elementos de concienciación en materia de seguridade viaria na forma de pictogramas que indiquen o comportamento que deben seguir os peóns para previr situacións de risco, xa sexa mediante pictogramas sobre a beirarrúa ou placas situadas no soporte da sinaléctica e/ou iluminación.
O prazo de execución de cinco meses distribuídos en cinco fases a partir da sinatura do contrato (lanzamento do proxecto e planificación; adaptación e validación do deseño, replanteo sobre o terreo, xestión de licenzas e subministros; obra civil e instalación; e probas e aceptación).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?