Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CLUSAGA mostrará nun demoday os seus proxectos de transformación, dos que se benefician máis de 30 socios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CLUSAGA mostrará nun demoday os seus proxectos de transformación, dos que se benefician máis de 30 socios

S. P.
Publicado: 18/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

clusaga_proxectos_de_transformacion.jpgO Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) vén de achegarnos un balance da súa actividade en materia de transformación tecnolóxica: uns procesos de dixitalizacióin (con todas as vantaxes de competitividade, xestión, axilidade, eficiencia e visibilidade que isto implica) dos que se están a beneficiar 30 socios da entidade a través de proxectos colaborativos xunto a outras empresas e entidades de investigación e innovación. Todo este traballo será dado a coñecer ao detalle nunha xornada de demostración, o vindeiro 1 de decembro.
En concreto, no marco do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEIs) que promove o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR), CLUSAGA impulsou máis de 10 proxectos nas últimas dúas anualidades, permitindo acelerar a transformación dixital das máis de 30 empresas socias participantes nestas iniciativas.
O clúster salienta que algúns dos proxectos impulsados neste marco durante o último ano tamén recibiron apoio do Fondo de Recuperación NextGenerationEU para a aceleración da transformación dixital.
A preparación destas propostas contou con soporte da Oficina Técnica Next Generation Galicia Food, impulsada por CLUSAGA e apoiada pola Xunta de Galicia a través do IGAPE.
Entidades socias beneficiarias
En concreto, ANFACO-CECOPESCA, AOTECH, ASM, Bico de Xeado, Casa Grande de Xanceda, Centro Tecnolóxico da Carne, CLUN, Cofrico, ColorSensing, DOP Mexillón de Galicia, EligeData, Entrepinares, Galacteum, Galifresh, Glaücor, Hornos Lamastelle, Innogando, Instituto Tecnolóxico de Galicia, JEALSA Rianxeira, Lugar da Veiga, Bodegas Martín Códax, Medrar Smart Solutions, Paco&Lola, Conservas Palacio de Oriente, Perfect Numbers, PSVet, Queizuar, Real Conservera Española, San Brandán, Triple Alpha e Viña Costeira foron os socios de CLUSAGA participantes nos proxectos financiados no marco desta convocatoria ao longo destes anos.
Trátase de iniciativas de investigación, desenvolvemento, innovación e aplicación de novas tecnoloxías e Industria 4.0, que favorecen o desenvolvemento de pilotos para a dixitalización do sector alimentario de Galicia.
Demoday
Como dixemos, para dar visibilidade a este proxectos, CLUSAGA organiza un demoday o próximo 1 de decembro, de 9.30 a 14.00 horas, no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela). No evento daranse a coñecer os proxectos xa finalizados (ML4Milk, HSI-FOOD, PHOTONICS4BAKERY e FoodTechINK), da man das empresas participantes nos mesmos. Do mesmo xeito, presentaranse as novas iniciativas de CLUSAGA en colaboración con entidades socias: MILKTELLIGENCE, MUSSELBLOCK e Smart4Cheese.
Ademais, estará habilitado un espazo expositivo onde se poderán coñecer demostradores in situ as tecnoloxías aplicadas facilitando a transferencia a todo o sector, e facilitarase un espazo para o networking, permitindo establecer novas colaboracións.
Por outra banda, os proxectos ENOTECH 4.0. Solucións de sensórica, visión artificial e Big Data para o sector vitivinícola e máis YIELDCAN 5.0. Procesado masivo de datos en optimización de procesos produtivos, sustentabilidade e calidade do produto en conservas de peixe, que finalizan no mes de decembro, presentarán por primeira vez os seus resultados e conclusións durante o encontro. Este evento organízase no marco do Grupo de Traballo 2 da Comisión de Innovación e I+D de CLUSAGA, Novos modelos de produción e comercialización. Innovación en procesos e tecnoloxías. Dixitalización, cuxo obxectivo é facilitar que os seus participantes establezan ideas de proxectos colaborativos e innovadores neste ámbito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?