Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Mesa lanza unha campaña participativa para reclamar a nosa toponimia oficial en navegadores e aplicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Mesa lanza unha campaña participativa para reclamar a nosa toponimia oficial en navegadores e aplicacións

S. P.
Publicado: 18/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

a_mesa_os_mapas_dixitais_polo_seu_nome.jpgA Mesa pola Normalización Lingüística anunciou esta semana, no marco dunha charla coloquio na defensa da toponimia da ría de Ribadeo, o lanzamento da campaña Polo seu nome, coa que busca mobilizar a poboación pola restauración da toponimia en navegadores e aplicacións de mapas dixitais. “Nun contexto de agresións á toponimia consentidas polas autoridades responsables de garantir o seu respecto”, explicaron fontes da entidade, “salientamos a forza da acción colectiva na defensa do rastro no territorio da nosa existencia como pobo”.
Segundo fixo saber o presidente da Mesa, Marcos Maceira, a campaña reclama das compañías de mapas dixitais e navegación “a restitución da toponimia nas súas aplicacións”, sinalizando os lugares unicamente coas formas galegas, lexítimas e oficiais e empregando como base de datos fiable e válida a incluída no nomenclátor oficial de Galiza.
a_mesa_normalizacion_ribadeo.jpgA iniciativa, que xa está na web e nas redes sociais e que chegará tamén aos concellos, ao Parlamento galego e ao Congreso, acompañarase de accións de todo tipo, incluídas as xudiciais, para, engadiu Maceira, “salvagardar dereitos que tanto custou conquistar e que hoxe están a ser postos en cuestión”. O obxectivo, dixo, é “que a sociedade e o conxunto de poderes públicos actúen decididamente diante destas empresas para que corrixan e restitúan todas as denominacións deturpadas”.
A Mesa afirma que o elemento con máis incidencia na última vaga castelanidora é a que emprega as aplicacións de navegación e xeolocalización. Os casos máis coñecidos son os de Google Maps ou Apple Maps. A organización pola nosa lingua lembra que a deturpación dos nomes de lugar reprodúcese a través de outras aplicacións, redes sociais ou páxinas web, introducindo ao tempo novas deturpacións en nomes de lugar que ata o de agora non se viran afectadas polas ondas anteriores. “Chega a extremos de envíos postais ou de mensaxaría que non se reciben no seu destino por o nome oficial e de uso común non coincidir coa forma deturpada que só existe nos mapas das aplicacións, mais que por influencia destas aplicacións acaba por comezar a se estender”, engaden fontes da Mesa acerca da dita problemática, aclarando que “o uso correcto da toponimia non pode ficar a expensas da configuración que se estabelece para estes programas”.
O caso da ría de Ribadeo
En relación á modificación do nome da ría de Ribadeo proposta polo goberno de Asturias, A Mesa presentou alegacións conxuntamente coa Plataforma de Mariños de Ribadeo e está disposta a defender onde for preciso o nome galego e único lexítimo como único oficial. A organización galega sinala que a base destas alegacións “non está en criterios de tipo histórico-científico determinado por institucións competentes como a Comisión de Toponimia de Galicia, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Instituto da Lingua Galega ou o Grupo de Investigación de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela, senón en que estas institucións son as que teñen lexitimidade para determinaren e valoraren que nomes son os propios da lingua galega nas súas diferentes variedades territoriais, incluída a do Eo-Navia. Todas elas coinciden en que o único nome posible é Ría de Ribadeo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?