Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro de Talentia Summit porá o broche de ouro a unha feira que superou os 23.000 participantes virtuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Foro de Talentia Summit porá o broche de ouro a unha feira que superou os 23.000 participantes virtuais

S. P.
Publicado: 18/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

presentacion_talentia_summit_santiago.jpgO auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago) acollerá o próximo xoves 24 novembro de 2022 ás 18.30 horas unha das grandes actividades estrela do evento Talentia Summit edición 2022: o seu Foro. Yolanda Vázquez será a condutora dun acto que contará con relatores de prestixio. A vertente artística virá da man de Fredi Leis, músico e compositor compostelán. Será unha xornada de talento, innovación e coñecemento avanzado.
Coincidindo co ecuador da feira virtual de talento e emprego Talentia Summit”22, que comezou este 9 de novembro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o responsable do Departamento de Emprego, Xabier Ferreiro, aproveitaron para facer balance dos resultados obtidos ata o momento e desvelar os detalles do Foro Talentia 2022 que se celebrará a vindeira semana e que porá o punto final a esta edición.
talentia_summit_santiago-2.jpgO alcalde anunciou que Talentia Summit”22 “contaba ata este 16 de novembro con 22.893 usuarios activos na feira virtual, 2.368 prazas reservadas en cursos de formación e certificacións oficiais, 2.042 currículos intermediados para as 594 vacantes ofertadas e 1.069 vídeo-conferencias en entrevistas virtuais con empresas”. Trátase dunhas “cifras tremendamente importantes que indican que este evento está cumprindo a súa misión de potenciar e poñer en valor o talento”, engadiu o rexedor.
Talentia, engadiu, ofrece “un gran catálogo de actividades gratuítas e que lles permiten ás persoas conectar de forma áxil e sinxela cunha gran rede de empresas e organizacións que están á procura de talento”. O evento pon ademais á disposición das persoas interesadas “unha ampla oferta formativa, certificacións oficiais e unha unidade de desenvolvemento profesional”, explicou o rexedor compostelán.
Foro Talentia
Durante a rolda de prensa tamén se presentou o Foro Talentia 2022 que será o vindeiro xoves 24 de novembro en xornada de tarde, de 18:30 h a 20:45 h no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. As entradas poderanse reservar de forma gratuíta na a través da web de Talentia Summit ‘22.
Lembrar que a anterior edición do foro tamén se celebrara, con gran éxito, na Cidade da Cultura. O evento será difundido en tempo real mediante streaming.
O Foro Talentia 2022 será inaugurado por Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e reunirá referentes do talento en diferentes áreas:
– Gemma Ventura Santasusana
Happines hunter – experta en Procesos de Xestión da Felicidade
– Juan Antonio Báez Morín
Vicepresidente do Consello da Xuventude de España
– Eva Porto
Psicóloga, recrutadora e creadora de contidos
– Luis Gil
Catedrático da ETSI Montes, Forestal do Medio Natural
– Miriam Blanc
Product owner – BPM | Automatización, intelixencia e minería procesos
O broche musical o porá Fredi Leis, recoñecido músico e compositor nacido en Santiago conseguirá crear o ambiente perfecto para clausurar a edición 2022 do Talentia Summit.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?