Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 30 persoas de Ames recibiron cadanseus diplomas de formación TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 30 persoas de Ames recibiron cadanseus diplomas de formación TIC

S. P.
Publicado: 18/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_entrega_diplomas1.jpgEste xoves, 17 de novembro, clausuráronse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os primeiros cursos do segundo módulo de alfabetización dixital no rural impulsado polo Concello de Ames. A concelleira de Cultura entregou os diplomas de asistencia a estes cursos aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído.
Arredor de 30 persoas participaron nestas actividades que comenzaron en outubro e que remataron o 16 de novembro, no que estiveron reforzando os coñecementos recibidos na primeira parte deste curso, realizado no 2021, e aprenderon novos temas relacionados coa xestión de arquivos, ofimática, tratamento de imaxes, correo electrónico, redes sociais, uso de dispositivos móbiles, entre outros temas.
ames_entrega_diplomas3.jpg O programa de alfabetización dixital no rural comezou a impartirse en 2021 entre a veciñanza do rural amesán, con “gran éxito de participación”, en palabras do Concello. Esta iniciativa respondeu a unha das demandas da veciñanza dos Orzamentos Participativos do ano 2020. En 2021 impartiuse o primeiro módulo de ditos cursos de alfabetización dixital e ao longo deste ano 2022 realizouse o segundo módulo. O obxectivo principal destes cursos, organizados pola Concellaría de Cultura, é familiarizar ás veciñas e veciños do rural amesá co uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), facilitando xeitos seguros e axeitados para incorporar o mundo dixital a distintos aspectos das súas vidas cotiás.
ames_entrega_diplomas4.jpgTal e como explica a concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, “a primeira edición do curso de alfabetización no rural tivo un gran éxito de participación e ante a demanda das/os participantes de facer un segundo curso para seguir ampliando os coñecementos en informática, comprometinme a que se impartiría un segundo módulo. Deste xeito, estamos dándolle continuidade a este programa que tan ben está funcionando nos locais sociais do rural”.
O segundo modulo de ditos cursos impártese en nove locais socias do rural amesán (Agron, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas). A primeira quenda destes cursos comezou o pasado 3 de outubro e rematou o 16 de novembro. Deste xeito, este xoves, 17 de novembro, clausuráronse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os primeiros cursos do segundo módulo de alfabetización dixital no rural.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?