Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña conecta cos cómics e os videoxogos de inspiración xaponesa nunha nova edición e ExpOtaku
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña conecta cos cómics e os videoxogos de inspiración xaponesa nunha nova edición e ExpOtaku

S. P.
Publicado: 21/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

expotaku_coruna_re_edition.jpgEsta fin de semana, do 26 ao 27 de novembro, vaise celebrar na Coruña a nova edición dun evento que fará as delicias dos seareiros das series, as aventuras gráficas, os cómics e demais contribucións culturais e tecnolóxicas relacionadas coa cultura oriental. Trátase de ExpOtaku A Coruña 2022, nova convocatoria dunha cita que reúne cada ano máis de 25.000 visitantes chegados de todos os recantos da xeografía galega e do resto de España e Portugal. Segundo confirmou a organización, o Salón de Manga, Anime, Videoxogos e Cultura Xaponesa de Galicia (ExpOtaku A Coruña) volve neste segundo semestre de 2022 ao Recinto Feiral ExpoCoruña, cunha edición de outono “que completa a oferta lúdico-cultural da edición de maio”. A cita será como dixemos a fin de semana do 26 e 27 de novembro.
Cifras
O salón disporá de 5.500 metros cadrados de superficie feiral e conta ademais co mellor dos precedentes: os 26.000 visitantes na edición anterior (maio de 2022). O resto das cifras falan por si soas respecto do nivel de impacto desta convocatoria: máis de 140 actividades ao longo de 2 días, máis de 75 expositores, 13 entidades colaboradoras de toda Galicia e máis de 500 acreditados. Ademais, o programa inclúe os tradicionais concursos de cosplay (disfraces), karaoke e kpop dance cover (baile), 14 torneos de videoxogos e miles de euros en premios.
A nivel máis concreto, a axenda de actividades inclúe (entre outras cousas) actuacións musicais, obradoiros de anime, artes marciais, vodas frikis, charlas, concursos, conferencias, achegamento á cultura coreana e xaponesa, xincanas, ludoteca, experiencias de Realidade Virtual, robótica, uso de simuladores, softcombat, obradoiros e videoxogos. O programa artellarase en torno a dez zonas temáticas.
O perfil de visitantes serán mozos e mozas de entre 13 e 35 anos (aproximadamente o 70%) e familias con nenos entre 3 e 10 anos con entre un e dous adultos por neno ou grupo de nenos (aproximadamente o 30%).
“Un dos maiores encantos de ExpOtaku”, explican dende a organización, “é o seu crecente espazo para artesáns, ilustradores e novos creadores, no que o público poderá atopar desde ilustracións orixinais de novos autores ata creacións de ourivaría steampunk, pasando por traballos con cristal, madeira, confección con tecidos ou merchandising de manufactura artesanal”. Esta edición de outono o espazo para artesáns, ilustradores e novos creadores contará con 52 expositores.
Convidadas e convidados
➡️ Clarice Cosplay (cosplayer)
➡️ Dragon Tearss (cosplayer)
➡️ Fatisuki (tiktoker)
➡️ Jackwise Clown (cosplayer)
➡️ Juanillo Esteban (a voz do Xabarín Club)
➡️ Luís Pousada (actor de dobraxe)
➡️ Lusesha Nyckel (cosplayer)
➡️ Nymeria Cosplay (cosplayer)
➡️ Pekebaby_ (cosplayer)
➡️ Shaun Elay (ilustradora)
➡️ Uchibros (tiktokers)
Ligazóns
A organización habilitou varias ligazóns que cómpre ter en conta na web do salón, non só a relativa ao programa completo de actividades, que será de gran utilidade para non perdernos, senón tamén a que se refire ao listado de expositores e a como chegar.
Horarios
Sábado 26 de Novembro: de 10:00 a 21:00 horas.
Domingo 27 de Novembro: de 10:00 a 20:00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?