Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O robot Robobo gaña o segundo premio do concurso internacional Smart Toys
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O robot Robobo gaña o segundo premio do concurso internacional Smart Toys

S. P.
Publicado: 21/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bellas_dubai.jpgO robot Robobo, desenvolvido por un grupo de investigadores da Universidade da Coruña coordinados polo catedrático en Computación e Intelixencia Artificial e investigador do CITIC, Fran Bellas, vén de obter o segundo premio do Concurso Smart Toys promovido polo Foro Económico Mundial e a Dubai Future Foundation, nun concurso organizado polo Centro para a Cuarta Revolución Industrial dos Emiratos Árabes Unidos.
O profesor do Campus de Ferrol recolleu o premio este domingo 20 de novembro en Dubai, logo de superar un exhaustivo proceso de selección no que o robot da UDC foi superando diversas fases. Os finalistas foron avaliados por xuíces internacionais que, segundo explicou a Universidade da Coruña, “centráronse sobre todo nos aspectos éticos do xoguete, ademais de ser testados por nenos e nenas que os usaron durante varios días”.
Este premio ten como obxectivo “avaliar os xoguetes que integran Intelixencia Artificial para determinar os valores e os principios que conteñen estes xoguetes de forma que contribúan a unha aprendizaxe creativa dos nenos e nenas e á vez que xogan poidan apoiar o seu crecemento e desenvolvemento”, explicou a UDC, engadindo que con estes premios recoñecen os xoguetes intelixentes, innovadores, éticos e responsables.
robobo_dubai.jpg Robobo é un robot dirixido a alumnado de Secundaria e Bacharelato que xa ten algunha experiencia en robótica e programación. Con Robobo e o material didáctico asociado aprenderán os conceptos básicos da Intelixencia Artificial aplicada á robótica, utilizando o seu propio teléfono intelixente como núcleo do robot. Este robot utiliza tecnoloxía a custe moi baixo e pode actualizarse con sucesivos smartphones. O desenvolvemento deste trebello deu lugar á creación da empresa spin-off da Universidade da Coruña, MINT.
O grupo responsable de Robobo ten experiencia na docencia universitaria en Enxeñaría e Robótica Intelixente. Ademais, coordinados polo profesor Fran Bellas, os investigadores do equipo son pioneiros na introdución da Intelixencia Artificial na educación xeral, desde secundaria ata a universidade, desenvolvendo material docente adaptado ás diferentes etapas educativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?