Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Biblioteca de Galicia achéganos a María Casares con dous recursos dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Biblioteca de Galicia achéganos a María Casares con dous recursos dixitais

S. P.
Publicado: 21/11/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

maria_casares_biblioteca_galicia_roman_rodriguez.jpgEste luns 21 de novembro inaugurouse na Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura) a exposición María Casares: a conquista da existencia, coincidindo co día no que se cumpren 100 anos do nacemento da actriz galega. O acto, a culminación dun ano (2022) de celebracións arredor de María Casares, foi presidido polo conselleira de Cultura e Educación, Román Rodriguez. Inclúe unha bibliográfica para achegar ao público o percorrido vital da actriz e diversos recursos tecnolóxicos que complementan a mostra (por exemplo os recursos dixitais habilitados na web da Biblioteca de Galicia).
A exposición, que poderá visitarse ata o vindeiro mes de xaneiro, está composta por fondos propios da institución, cun total de 29 libros e oito revistas ás que acompañan material audiovisual como DVD ou discos.
roman_maria_casares.jpgDurante o acto de inauguración, o conselleiro de Cultura destacou “que o amplo programa impulsado pola Xunta para homenaxear os 100 anos do nacemento de María Casares permite demostrar a importancia e a vixencia da súa figura para a historia da cultura galega”.
Román Rodríguez, que estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, convidou ao público a gozar da programación do centenario de María Casares en xeral, e en concreto desta mostra que supón “unha oportunidade para que os visitantes descubran de primeira man o moito que se contou e escribiu ao redor da figura da artista”.
A proposta compleméntase con dous recursos dixitais accesibles na web da Biblioteca de Galicia, e postos en marcha polas comisarias, Patricia Babío e Carina Fernández. Trátase, por unha banda, dunha bibliografía exhaustiva para completar a escolma realizada para a exposición física, onde se recolle case todo o escrito sobre María Casares ou aquilo no que ela participou. Amais, pódese consultar unha liña temporal da vida da actriz, a través da que é posible navegar cronoloxicamente polos principais acontecementos da súa existencia, ilustrados con fotografías, vídeos, ou audios nos que ela é a protagonista ou nos que falan dela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?