Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Cecubo premiada nos AMEC Awards 2022 polo seu proxecto de Big Data na cidade de Braga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Cecubo premiada nos AMEC Awards 2022 polo seu proxecto de Big Data na cidade de Braga

S. P.
Publicado: 22/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cecubo_premio.jpgA consultora compostelá Cecubo Group vén de obter un novo e importante recoñecemento á súa actividade, centrada no ámbito da intelixencia dos negocios aplicada á comunicación e mercadotecnia. En concreto, a firma tecnolóxica vén de ser galardoada cun premio AMEC Awards 2022 polo seu proxecto de medición da comunicación e a reputación do Concello de Braga (Portugal). Esta análise enmárcase na mellora da estratexia de comunicación da candidatura de Braga a capital europea da cultura 2027.
Cecubo Group é a única empresa de España e de Portugal que logrou este recoñecemento en 2022. Estes premios, concedidos pola Asociación Internacional para a Medición e Avaliación da Comunicación (AMEC), recoñecen cada ano os mellores proxectos de investigación, medición e análise en materia de comunicación. Máis polo miúdo, a consultora recibiu o galardón na categoría que premia a planificación, a investigación e a avaliación máis eficaces da comunicación nos sectores públicos.
O proxecto realizado polo departamento de análise do grupo consistiu en buscar narrativas vencelladas á cidade e ao Goberno municipal nos medios de comunicación portugueses. A consultora analizaba así mensaxes que contribuían a situar á cidade como un referente en estratexias culturais e de posta en valor do patrimonio. “Este tipo de proxectos permiten medir o éxito das accións de comunicación xa realizadas, obtendo un reporte actual do discurso mediático”, explican Carlos Correa e Boris Gayoso, directores de Cecubo, engadindo que “baseándose nesta análise, pódense expor cambios na estratexia comunicativa de cara ao futuro”.
Pola súa banda, Roi Pérez Vila, director de Análise do grupo, explica o proceso desta análise: “Para lograr este obxectivo, combinamos as ferramentas de Big Data e o traballo dun equipo humano. Grazas a este traballo de consultoría e aos datos dispoñibles, é posible orientar a estratexia de comunicación e de medios dáa cidade”.
Desde a firma compostelá agradecen “a confianza que a Câmara Municipal de Braga mostrou en nós para levar a cabo o proxecto, un agradecemento que estendemos a AMEC, que realiza un importante esforzo de divulgación e educación na nosa industria, ao poñer en valor a necesidade da medición e a investigación para o bo desempeño da comunicación”.
Outros premios
En 2018 e 2020, Cecubo Group foi distinguida nestes mesmos galardóns co primeiro premio polos seus proxectos de medición e reputación coas empresas CETELEM – BNP Paribas e Bankia. A iso súmase que a consultora galega foi finalista dos AMEC Awards en varias edicións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?