Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ciberquedada anti-machista da Deputación da Coruña reúne este mércores 24 centros de secundaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ciberquedada anti-machista da Deputación da Coruña reúne este mércores 24 centros de secundaria

S. P.
Publicado: 22/11/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

de_fronte_2_-2.jpgA programación de De Fronte, a campaña de Igualdade da Deputación da Coruña arredor do 25-N (Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres), ten esta semana dúas citas para subliñar no calendario. A primeira será este mércores 23 cando se retransmita desde o IES Rosalía Mera unha ciberquedada na que participará o alumnado de 24 centros de secundaria da provincia. A segunda, o venres 25, será o acto institucional que se celebrará no IES Puga Ramón e ao que asistirán a deputada María Muíño e outros membros da Corporación provincial e persoal docente e alumnos e alumnas dese instituto.
Vídeos en Defronte.gal
de_fronte_deputacion_coruna-2.jpgAdemais, xa se pode ver na web da campaña defronte.gal o primeiro dos vídeos, protagonizados pola actriz Melania Cruz, para sensibilizar sobre diferentes situacións reais de violencia dixital e ofrecer ferramentas contra o ciberacoso, o sexting, a sextorsión ou o groomin. Este primeiro audovisual aborda a ciberviolencia de xénero e alerta sobre o abuso que algunhas persoas adultas practican en Internet, usando por exemplo as redes sociais para acceder a alguén e xerar dependencia emocional, insultos, celos ou espiar as mensaxes e o móbil.
Este mércores, a maiores, publicaranse o segundo vídeo, sobre o sexting (ou mal uso de contido persoal erótico, como fotos ou vídeos, que nunca se debe compartir sen o consentimento da outra persoa), e o terceiro, sobre o grooming (cando un adulto se fai pasar por outra persoa para abusar ou acosar sexualmente nenas, nenos ou adolescentes). E o xoves compartirase o cuarto vídeo, que trata da sextorsión ou desquite pornográfico (cando se ameaza a alguén, na maioría dos casos mulleres, con difundir contidos sexuais desa persoa, xa sexa por cartos, para conseguir novas imaxes ou simplemente por vinganza), un delito que sempre debe ser denunciado.
Unha multitudinaria quedada en liña
deputacion_coruna_programa_a4_de_fronte_2022_rrss_.jpg As violencias dixitais serán o fío condutor da quedada, conducida pola politóloga especializada en igualdade de xénero Priscila Retamozo, que se retransmitirá a partir das 10.30 horas desde o IES Rosalía Mera e poderase seguir na canle de YouTube da Deputación. Participarán, ademais do anfitrión, estoutros 23 centros educativos coruñeses: IES Manuel Murguía (Arteixo), IES Leliadoura (Ribeira), IES de Brión (Brión), CPI Xanceda (Mesía), IES A Cachada (Boiro), IES Rafael Puga Ramón (A Coruña), IES Breamo (Pontedeume), IES Nº 1-Ribeira (Ribeira), CPI Ciaño Pequeno (Trazo), CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), IES Alfredo Brañas (Carballo), IES ORDES (Ordes), IES Espiñeira (Boiro), IES Isaac Díaz Pardo (Sada), IES Rego de Trabe (Culleredo), IES de Pastoriza (Arteixo), CPI de Zas (Zas), IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes), IES Félix Muriel (Rianxo), IES Maximino Romero de Lema (Zas), CPI Pecalama (Tordoia), IES Cacheiras (Teo) e IES Camilo José Cela (Padrón).
O venres 25, ás 9.45 horas, no IES Puga Ramón, a deputada de Igualdade, María Muíño, realizará unha lectura institucional nun acto no que o alumnado do Conservatorio de Danza da Deputación estreará un espectáculo preparado para a ocasión.
Ademais dos vídeos protagonizados por Melania Cruz, na web defronte.gal recompílanse unha serie de recursos, de utilidade para familias, persoal educador e poboación moza, orientados a afondar no traballo contra a violencia machista.
Por outra banda, Igualdade da Deputación lembra que o profesorado dispón dunha guía de apoio para traballar na aula a través do xogo interactivo Que sabes das violencias dixitais? Nela pode atoparse unha fundamentación sobre a que se basea a necesidade de traballar a violencia de xénero nas clase e, concretamente, cos grupos de idade correspondentes a 4º, 5º e 6º de Primaria. Ademais, faise unha proposta de como aplicar o xogo na aula e facilítase unha explicación dos contidos que recolle.
Outras das actividades de De Fronte son o obradoiro Que sabes de violencias dixitais?, que se impartirá o 29 de novembro na Asociación Ambar, e o programa de espectáculos Danza e liberdade, interpretado polo Conservatorio Profesional de Danza da Deputación, con estas datas e ás 19.30 horas en todas as citas:
-30 de novembro, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Oleiros.
-1 de decembro, no Auditorio Municipal Alovi de As Pontes.
-2 de decembro, no Auditorio Municipal de Rianxo.
-3 de decembro, no Auditorio Municipal de Oroso.
Promoción comercial
A promoción comercial é outras das ferramentas que emprega Igualdade da Deputación para loitar este ano contra a desigualdade. Asi, repartirá 10.000 vasos co logo da campaña De Fronte en centros educativos e na ciberquedada, co obxectivo de “chamar a atención sobre a necesidade de que todas as persoas poidan gozar das bebidas por igual e con seguridade”. Trátase, comentan desde o departamento provincial, “de facer visibles os casos de submisión química que se están a producir nos últimos anos e do perigo que implican para a integridade física e emocional das mulleres”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?