Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ViaGalicia abre a súa sétima edición para seleccionar 15 proxectos innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ViaGalicia abre a súa sétima edición para seleccionar 15 proxectos innovadores

S. P.
Publicado: 23/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

zona_franca_viagalicia_startupday-vg-19.jpgA aceleradora ViaGalicia, espazo de emprendemento en Galicia impulsado pola Zona Franca de Vigo, vén de abrir a súa sétima edición para a recepción de proxectos. O prazo está aberto ata o 31 de xaneiro de 2023 e seleccionaranse un total de 15 contribucións, que pasarán á fase de aceleración. Nesta nova andaina a aceleradora recupera a presencialidade, despois dunha sexta edición que se desenvolveu na pandemia. O delegado da Zona Franca, David Regades, fixo balance do pasado, o presente e o futuro da iniciativa e destacou que “ViaGalicia cumpre dez anos de éxito con 78 proxectos innovadores de emprendemento apoiados, que crearon uns 550 empregos”.
O delegado destacou algúns deses proxectos que hoxe son empresas xa consolidadas e recoñecidas como é o caso de Alén Space, que lanzou xa 7 nanosatélites ao espazo cun 100% de éxito; Help Flash, que facturou en 2021 un total de 9,5 millóns de euros coa súa luz que substituirá ao triángulo en accidentes; Alice Biometrics, que xa comercializa en Europa para converterse en líder do mercado de verificación de identidade; Beta Implants, que lidera o mercado ibérico de implantes de mascotas; Opositatest; primeira en España na preparación online de oposicións; ou Councilbox, que se consolidou como referente estatal para reunións remotas con seguridade xurídica.
Obxectivos
O principal obxectivo do programa, ao que se incorporou nas últimas edicións a Xunta de Galicia, é “a aceleración de proxectos innovadores e invertibles, aos que se acompaña na súa validación, posta en marcha, financiamento e maduración”. Ou sexa, “crear as condicións idóneas para o desenvolvemento e consolidación dun ecosistema de emprendemento en Galicia que contribúa á xeración de riqueza na contorna, a diversificación do tecido empresarial, a modernización e dixitalización dos sectores máis tradicionais, a transferencia de coñecemento ou a atracción e retención do talento”, en palabras da Zona Franca.
O Programa de Alto Rendemento ten unha duración estimada de 18 meses, desde o lanzamento da convocatoria. Combínase, baixo a supervisión dun equipo de expertos en emprendemento, unha serie de elementos, como son a formación, titorización, mentoring, un espazo de traballo en coworking e a achega de financiamento para iniciar o proxecto.
Cada edición consta de 6 fases: Convocatoria, Startup Day, Academia, Demo Day, Aceleración e Investors Day. Ao longo do programa, avalíanse os progresos dos equipos participantes coa finalidade de que os mellores proxectos sexan presentados a investidores e socios industriais.
Todos os emprendedores deben constituír a súa sociedade e comprometerse a ter unha presenza continuada en Porto do Molle durante o período de aceleración. Pactan con ViaGalicia e con Vigo Activo e XesGalicia un plan de acción e uns fitos que deben cumprir durante esta fase e que serven como obxectivos para comprobar a progresión do proxecto durante a súa estadía na aceleradora e a poder así recibir o financiamento que lle conceden Vigo Activo e XesGalicia.
Así mesmo, reciben unha subvención a fondo perdido de GAIN (Axencia Galega de Innovación).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?