Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aerocamaras modernizará a súa frota de drons marítimos co apoio de GAIN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aerocamaras modernizará a súa frota de drons marítimos co apoio de GAIN

S. P.
Publicado: 28/11/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aerocamaras_mar_buques_drons.jpgA empresa galega Aerocamaras anunciou esta semana os detalles dun proxecto para modernizar a súa frota de drons marítimos. Este impulso de I+D aos seus dispositivos mariños será posible grazas ao apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN) que dirixe Patricia Argetrey, a través do programa DeseñaPEME 2022. Consistirá nun importante investimento para optimizar os equipos e o software cos que Aerocamaras ofrece servizos de loxística e inspeccións técnicas a barcos.
O propósito da compañía de Lalín é “continuar desenvolvendo os seus dispositivos de alta tecnoloxía e manterse á vangarda nestes servizos ofrecendo a máxima calidade coas prestacións máis punteiras”. As melloras aplicadas serán “substanciais desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico” explica Jaime Pereira, conselleiro delegado de Aerocamaras.
As liñas de desenvolvemento previstas centraranse en mellorar aspectos técnicos dos UAV (vehículos non tripulados) aéreos e submarinos destinados a este servizos, tales como a autonomía, a velocidade, a capacidade de carga e ou o peso dos equipos (que se verá reducido).
Entre as novidades concretas que serán aplicadas a este servizos está a capacidade de obter e compartir información co cliente en tempo real de envíos loxísticos industriais ou inspeccións técnicas dando ao cliente a posibilidade de tomar decisións de forma aínda máis áxil. Neste punto a compañía galega salientou a súa bagaxe no desempeño de tarefas de detección temperá de problemas técnicos cos seus UAV, identificando posibles anomalías que permiten un mantemento correctivo, con reparacións que moitas veces son posibles realizalas en porto.
“Os servizos que ofrecemos aos nosos clientes son aproveitar os tempos que teñen de parada, xa sexa para reabastecemento ou subir carga, ou facer inspeccións, desa maneira optimízase ese tempo e evítase un mantemento correctivo que implica pór en dique seco o barco e telo parado varias semanas para facer as reparacións, cos custos asociados que isto comporta. Canto a seguridade, é obvio que calquera detección temperá en porto evitará avarías en alta mar que impliquen afundimentos ou ficar á deriva ata que cheguen os equipos de salvamento”, apunta Pereira.
Este proxecto vai en liña co compromiso de innovación sostible adquirido pola empresa a través do desenvolvemento sostible coa xeración de solucións de I D respectuosas co medio ambiente, apostando pola prolongación da vida útil dos equipos e a redución na xeración de residuos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?